Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar", concordas con estas condicións. Máis información

Loading...

Emprego A Estrada

#GALICIAVOTANAUE

Desde Emprego A Estrada queremos sumarnos á campaña que a Fundación Galicia Europa está a implusar para favorecer a implicación da cidadanía no proceso de toma de decisións europeas.

Votar é a mellor maneira de influír na Europa que queremos para o futuro. E, esta vez, todos e todas temos polo menos un motivo para acudir ás urnas o 26 de maio.

Co lema "ESTA VEZ EU VOTO e GALICIAVOTANAUE" preténdese instar a unha maior participación nas eleccións ao Parlamento Europeo que terán lugar o vindeiro 26 de maio. 

Sabías que o orzamento que ten a Unión Europea é de 960.000.000.000 euros dos cales 325.000 millóns serán xestionados polas rexións europeas ata o ano 2020?

Sabías que España é un dos países da Unión Europea que máis se ten beneficiado dos seus fondos estructurais e máis concretamente a nosa Comunidade Autónoma, Galicia?

Sabías que a meirande parte das axudas e subvencións que recibimos para a posta en marcha de plans de emprego (obradoiros de emprego; incentivos á contratación de colectivos en risco de exclusión...) están cofinanciados con fondos europeos así como os plans de formación e todas aquelas axudas que buscan apoioar e promover o emprego autónomo?

Por todo isto e moito máis é moi importante que participes nos procesos de toma de decisión europeos, porque España ten que facerse escoitar en Europa e porque os galegos e galegas temos moito que dicir; polo noso emprego; pola nosa pesca; pola nosa agricultura; polos nosos montes; polas nosas empresas e novos/as emprendedores/as #euvoto.

Apúntate no portal: https://www.estavezvoto.eu/?recruiter_id=93780

Jannis, un dos voluntarios desta campaña en Estrasburgo (Francia), preguntou a varias persoas no mercado de Nadal pola súa visión sobre a Unión Europea.

Bótalle unha ollada ao que dixeron: https://www.youtube.com/watch?v=wjKOH4w8wmo&feature=youtu.be

Para a familia española entrevistada, é importante que se manteña a unión entre os países a pesar das súas diferenzas. E para ti?

Axúdanos a promover unha maior participación nas eleccións europeas. Todos xuntos podemos decidir a Europa na que queremos vivir.

Cóntanos cun vídeo, un tuit ou unha foto a dirección que debería tomar a UE nos próximos anos. Non te esquezas de usar a etiqueta # estavezvoto nas túas redes sociais.

Necesitas ideas: https://multimedia.europarl.europa.eu/es/is-the-eu-still-relevant_B02-ESN-171128_ev