Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar", concordas con estas condicións. Máis información

Loading...

Emprego A Estrada

Xoves, 10 Xaneiro 2019 07:05

FUNDACIÓN GALICIA EUROPA CONVOCA BOLSAS DE FORMACIÓN DIRIXIDAS A PERSOAS CUN TÍTULO UNIVERSITARIO PARA A REALIZACIÓN DE PRÁCTICAS EN MATERIA DE POLÍTICAS E PROGRAMAS EUROPEOS NO ÁMBITO DA INNOVACIÓN E A INVESTIGACIÓN

VICEPRESIDENCIA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA
ORDE do 17 de decembro de 2018 pola que se autoriza a Fundación Galicia Europa para conceder subvencións e se aproban as bases reguladoras para a concesión de bolsas de formación, dirixidas a persoas cun título universitario, para a realización de prácticas en materia de políticas e programas europeos no ámbito da innovación e a investigación.

Duración e lugar de realización das bolsas
O programa formativo das bolsas terá unha duración máxima de doce (12) meses.
A convocatoria anual da FGE determinará a duración exacta das bolsas.

O lugar de desenvolvemento das bolsas será a oficina da FGE en Bruxelas, podendo realizar tamén breves períodos formativos nas dependencias de Gain en Santiago de Compostela ou onde esta indique.

O prazo de presentación de solicitudes e da documentación complementaria será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio da correspondente convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

BASES