Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar", concordas con estas condicións. Máis información

Loading...

Emprego A Estrada

Mércores, 09 Xaneiro 2019 12:52

CONVOCATORIA DE BOLSAS DO GOBERNO DE XAPÓN (MONBUKAGAKUSHO) PARA 2019 (ESTUDOS XAPONESES)

O Ministerio de Educación, Cultura, Deportes, Ciencia e Tecnoloxía ( MEXT) do Goberno de Xapón ofrece bolsas a estudantes estranxeiros para estudar por un período dun ano en determinadas universidades xaponesas co fin de profundar os seus coñecementos de idioma xaponés, de temas sobre Xapón e de cultura xaponesa. A normativa para o programa de bolsas MEXT 2019 é a seguinte:

REQUISITOS
MEXT acepta solicitudes para estudar en Xapón de estudantes internacionais que cumpran os seguintes requisitos: O  obxectivo é fomentar os recursos humanos que establezan pontes de amizade entre o país do bolseiro e Xapón, a través do estudo en Xapón, que contribúan ao desenvolvemento de ambos os países e do resto do mundo.

DURACIÓN DA BOLSA
A duración é o período necesario para completar o curso na universidade receptora, que é aproximadamente un ano desde outubro 2019 (ou do mes de inicio do curso). Non está permitida a extensión do período de bolsa.

PRESTACIÓNS DA BOLSA
(1) Dotación: 117.000 yenes mensuais. No caso de residir en determinadas zonas, o bolseiro podería percibir 2.000 ou 3.000 yenes adicionais ao mes. A cantidade poderá cambiar cada ano por cuestións orzamentarias. A bolsa en principio sería anulada no caso de ausencia prolongada do bolseiro da universidade.

(2) Gastos de matrícula: As taxas do exame de entrada á universidade, matrícula e formación serán custeadas polo MEXT.

(3) Gastos de viaxe

PROCEDEMENTO DE SOLICITUDE
As persoas solicitantes deberán presentar a seguinte documentación na Sección Cultural da Embaixada do Xapón en España ( C/ Serrano, 109, 28006 MADRID; TL.: 91-590 76 12) ata o venres, 22 de febreiro de 2019 (inclusive) (Para os envíos por correo, NON será válido o selo de correos ata esa data se a documentación non chega fisicamente á Embaixada de Xapón o día indicado). A documentación presentada non será devolta en ningún caso.

INFORMACIÓN COMPLETA E FORMA DE INSCRICIÓN