Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar", concordas con estas condicións. Máis información

Loading...

Emprego A Estrada

Luns, 07 Xaneiro 2019 07:10

CONVOCATORIA DE AXUDAS PARA A PROMOCIÓN EXTERIOR DAS EMPRESAS GALEGAS

Instituto Galego de Promoción Económica
RESOLUCIÓN do 10 de decembro de 2018 pola que se dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas para a execución de accións de promoción exterior das empresas galegas (Galicia Exporta Empresas), cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva

Co obxectivo de incentivar a realización de accións de promoción exterior xeradoras de vantaxes competitivas que incidan na proxección e posicionamento das empresas galegas nos mercados internacionais, o Igape poderá conceder subvencións a fondo perdido aos seguintes tipos de accións (procedemento IG622A):
a) Accións de difusión:
a.1) Campañas de publicidade en prensa, revistas, televisión ou outros medios incluídos os dixitais, sempre que a súa difusión se realice no estranxeiro.
a.2) Uso de plataformas de promoción en liña para mercados estranxeiros.
a.3) Creación de aplicación de e-commerce para mercados internacionais (tenda en liña).

b) Accións de promoción:
Participación en feiras ou outros eventos expositivos organizados por terceiros que se celebren no estranxeiro.
Incluense tamén aqueles eventos deste tipo que, organizados por terceiros en España
–fóra da Comunidade Autónoma de Galicia–, estean incluídos no calendario de feiras comerciais internacionais publicado pola Secretaría de Estado de Comercio de España para o ano 2019 ou 2020 no Boletín Oficial del Estado (en edicións que se celebren dentro do
prazo de execución destas bases).
Non son subvencionables as visitas a este tipo de eventos, para ser unha acción subvencionable tense que acreditar a participación do beneficiario como expositor no evento.

c) Accións de prospección en mercados internacionais:
c.1) Axendas de reunións.
c.2) Desenvolvemento de clientes no estranxeiro: metodoloxía enfocada en descubrir mercados para a empresa e os seus produtos, apostando por descubrir e aprender dos propios clientes, ofrecendo un produto que realmente necesiten.
c.3) Seguimento de contactos iniciais ou clientes anteriores no estranxeiro para consolidación do negocio.

Intensidade da axuda sobre os gastos subvencionables: 70 %

O prazo de presentación de solicitudes será de dous meses contados desde o día seguinte ao da publicación da resolución de convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

BASES