Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar", concordas con estas condicións. Máis información

Loading...

Emprego A Estrada

Venres, 04 Xaneiro 2019 07:20

CONVOCATORIA DE AXUDAS DESTINADAS Á CREACIÓN DE EMPRESAS PARA ACTIVIDADES NON AGRÍCOLAS EN ZONAS RURAIS COFINANCIADAS POLO FEADER

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA
RESOLUCIÓN do 21 de decembro de 2018 pola que se dá publicidade do acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas destinadas á creación de empresas para actividades non agrícolas en zonas rurais, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se convocan en réxime de concorrencia competitiva (Galicia rural emprende).

Proxectos obxecto de apoio
1. Serán subvencionables os proxectos dirixidos a crear emprego nas zonas rurais mediante axudas á primeira implantación e desenvolvemento de novas actividades económicas non agrarias viables, que deben contribuír á diversificación económica, crecemento de
emprego, sustentabilidade do medio rural e equilibrio territorial, tanto en termos económicos como sociais.

Para os efectos destas bases, a delimitación das zonas rurais establécese tendo en  conta a clasificación proposta pola Comisión, denominada «grao de urbanización», que toma como unidade de referencia LAU2 (municipios) e na cal se definen tres categorías:

a) Zonas densamente poboadas (código 1): aquelas cunha densidade de poboación igual ou superior a 1.500 habitantes por km² e cunha poboación mínima de 50.000 persoas.

b) Zonas de densidade intermedia (código 2): aquelas nas cales menos do 50 % da poboación vive nas cuadrículas rurais (onde as cuadrículas nas zonas rurais son as que están fóra das agrupacións urbanas) e menos do 50 % vive en altos grupos de densidade.

c) Zonas de baixa densidade (código 3): aquelas nas cales máis do 50 % da poboación vive nas cuadrículas rurais. Os LAU2 cunha poboación inferior a 5.000 habitantes e co 90 % ou máis da súa área nas cuadrículas rurais foron reclasificados como rurais.

A definición das zonas rurais realízase por eliminación daquelas zonas consideradas densamente poboadas (urbanas) nun territorio. No caso de Galicia, só teñen esa consideración os 7 concellos dos núcleos de poboación máis grandes da Comunidade Autónoma (A Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Vigo, Ferrol e Santiago de Compostela).

Con carácter xeral serán subvencionables as seguintes actividades:

a) Obradoiros e fábricas destinados á produción de bens e materiais.
Non obstante o anterior, os investimentos relacionados coa utilización da madeira como materia prima ou fonte de enerxía limitaranse ás operacións de segunda transformación.
b) Transformación e/ou comercialización de produtos agrarios, cando o produto final do proceso de transformación e/ou comercialización derivado dos investimentos non estea incluído no anexo I do Tratado de funcionamento da Unión Europea (TFUE).

c) Prestación de servizos en calquera sector económico (agricultura, silvicultura, sector industrial e de servizos...).

d) Prestación de servizos sociais (gardarías, coidado de anciáns, de persoas con discapacidade, granxas escola...).

e) Actividades de lecer, recreativas e deportivas.

f) Artesanía e actividades artesanais.

g) Actividades baseadas nas novas tecnoloxías da información e da comunicación (TIC),  innovación tecnolóxica e comercio electrónico.

h) Actividades nos sectores da enxeñaría, arquitectura, servizos técnicos, limpeza industrial, contabilidade, veterinaria.

i) Comercio retallista de produtos non incluídos no anexo I do TFUE.

j) No sector da restauración turística, exclusivamente a creación de novos restaurantes situados en construcións patrimoniais senlleiras (pazos, muíños, patrimonio industrial, pallozas, faros…) e que vaian ofertar unha cociña baseada na gastronomía galega tradicional ou que con ese substrato propoñan técnicas innovadoras ou fusións con outras gastronomías do mundo.

Os proxectos deberán cumprir os seguintes requisitos:
a) Non ter comezado antes da presentación da solicitude de axuda.

b) Os gastos e/ou investimentos incluídos no plan de negocio que deberá presentar o solicitante terán que estar localizados no centro de traballo da empresa en Galicia.

c) Será obrigatoria a creación dun mínimo de 1 emprego, ben sexa por conta propia ou indefinido por conta allea. A creación de emprego considerarase en unidades UTA. Para estes efectos, considérase UTA unha unidade de traballo anual, nos termos previstos no anexo I do Regulamento 651/2014, e equivale ao traballo dunha persoa na empresa en cuestión ou por conta da dita empresa a tempo completo durante todo o ano de que se trate. O traballo das persoas que non traballan todo o ano, ou traballan a tempo parcial, independentemente da duración do seu traballo, ou o traballo estacional, computarase como fraccións de UTA. No caso de creación de emprego a tempo parcial, acumularanse as fraccións ata acadar a unidade, sen que computen creacións de emprego por fraccións as UTA restantes.

Poderán ser beneficiarios/as:

a) Os titulares ou membros dunha unidade familiar dunha explotación agraria que diversifiquen as súas actividades en ámbitos non agrícolas e que desenvolvan o seu proxecto na propia explotación.
A explotación agraria deberá estar inscrita no Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia (Reaga) e ter a cualificación de explotación agraria prioritaria no momento da solicitude da axuda.
Para estes efectos, considerarase que forman parte da unidade familiar dunha explotación os familiares da persoa titular ata o terceiro grao de consanguinidade ou afinidade que estean empadroados no domicilio familiar vinculado á explotación.

b) As microempresas e pequenas empresas de nova creación ou que inicien unha actividade distinta á que tiñan no momento da solicitude da axuda.
Segundo a definición que resulta do anexo I do Regulamento (UE) 651/2014, do 17 de xuño, polo que se declaran determinadas categorías de axudas compatibles co mercado interior, en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea, ten a consideración de pequena empresa aquela que ocupa menos de 50 persoas e cuxo volume de negocios anual ou cuxo balance xeral anual non supera os 10 millóns de
euros.
De ser o caso, a cualificación de pequena empresa tomará en consideración os datos das empresas asociadas e vinculadas para o cálculo de efectivos e importes financeiros, nos termos previstos no artigo 3 do citado anexo I do Regulamento (UE) 651/2014.

c) As persoas físicas que residan nunha zona rural e que creen unha nova empresa ou que inicien unha actividade distinta á que tiñan no momento da solicitude da axuda.

A axuda consistirá nunha prima cuxa contía básica se establece en 20.000 euros, que se poderá incrementar ata un máximo de 70.000 € nas seguintes situacións:
a) De acordo co seguinte rango de gasto e investimento admisible:
1º. De 20.000 a 30.000 €: incremento sobre a prima básica de 12.500 €.
2º. De 30.001 a 40.000 €: incremento sobre a prima básica de 17.500 €.
3º. De 40.001 a 60.000 €: incremento sobre a prima básica de 25.000 €.
4º. De 60.001 a 80.000 €: incremento sobre a prima básica de 31.500 €.
5º. De 80.001 a 100.000 €: incremento sobre a prima básica de 40.500 €.
6º. Maior de 100.000 €: incremento sobre a prima básica de 45.000 €.

b) Creación de emprego indefinido (mínimo 1 emprego UTA). A creación de emprego debe ser adicional, ademais da man de obra correspondente ao beneficiario da axuda: 20.000 €.

c) Localización nunha zona con limitacións naturais ou outras limitacións específicas recollidas no artigo 32 do Regulamento (UE) 1305/2013 e relacionadas no anexo VII das bases reguladoras: 5.000 €.

O prazo de presentación de solicitudes será de dous meses contados desde o día seguinte ao da publicación da resolución de convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

BASES