Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar", concordas con estas condicións. Máis información

Loading...

Emprego A Estrada

Xoves, 03 Xaneiro 2019 07:27

CONVOCATORIA DE AXUDAS COMPLEMENTARIAS ÁS ACHEGAS DA UNIÓN EUROPEA NO MARCO DO PROGRAMA COMUNITARIO ERASMUS+

Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional
ORDE do 27 de novembro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan as axudas de mobilidade complementarias ás achegadas pola Unión Europea no marco do programa comunitario Erasmus+, para o alumnado do Sistema universitario de Galicia que participa en Erasmus Estudos no curso 2018/19.

Obxecto
O obxecto desta orde é establecer as bases reguladoras e convocar, en réxime de concorrencia competitiva, axudas de mobilidade complementarias ás achegadas pola UniónMEuropea no marco do programa comunitario Erasmus+, destinadas ao alumnado das universidades do Sistema universitario de Galicia que participa en Erasmus estudos durante o curso 2018/19 (código do procedemento ED417A).

Requisitos das persoas solicitantes

a) Estar matriculado no curso 2018/19 en calquera das universidades públicas do Sistema universitario de Galicia para realizar estudos universitarios oficiais conducentes a unha titulación de grao.
b) Participar no programa de mobilidade universitaria con fins de estudos con autorización da universidade de orixe e ser beneficiario da axuda do programa Erasmus+ xestionada polo Servizo Español para a Internacionalización da Educación.
c) Non ter gozado desta axuda complementaria en convocatorias anteriores.

Duración e contía das axudas
1. O programa de mobilidade para o cal se solicita a bolsa será realizado durante o curso académico 2018/19.
2. As axudas concederanse para estadías dun máximo de nove meses e dun mínimo de tres meses.
3. As axudas terán a seguinte contía, en función dos grupos de países determinados no programa Erasmus+:
a) De 195 euros/mes para un país de destino do grupo 1.
b) De 165 euros/mes para un país de destino do grupo 2.
c) De 125 euros/mes para un país de destino do grupo 3.

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día de prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes do vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo
finaliza o último do mes.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2019/20190102/AnuncioG0534-051218-0002_gl.pdf