Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar", concordas con estas condicións. Máis información

Loading...

Emprego A Estrada

Venres, 21 Decembro 2018 07:15

CONVOCATORIA PARA O ANO 2019 DE AXUDAS PARA A PROMOCIÓN DO SECTOR VITIVINÍCOLA EN MERCADOS DE TERCEIROS PAÍSES

Consellería do Medio Rural
ORDE do 12 de decembro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para a execución de medidas de promoción do sector vitivinícola en mercados de terceiros países e se convocan para o ano 2019.

Poderán presentar solicitudes para acollerse ao financiamento das medidas de promoción en terceiros países as seguintes figuras xurídicas con domicilio fiscal na Comunidade Autónoma de Galicia:
a) Empresas vinícolas, considerando como tales aquelas empresas privadas en que máis do 50 % da súa facturación proveña do sector do viño ou cuxa produción supere os 1.000 hl, de acordo co seu último exercicio fiscal pechado.
b) Organizacións de produtores vitivinícolas e asociacións de organizacións de produtores vitivinícolas, definidas de acordo cos artigos 152 e 156 do Regulamento (UE) nº 1308/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro.
c) Organizacións interprofesionais definidas e recoñecidas no ámbito nacional de acordo cos artigos 157 e 158 do Regulamento (UE) nº 1308/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro, e recoñecidas por España segundo o disposto na Lei 38/1994, do 30 de decembro, reguladora das organizacións interprofesionais agroalimentarias.
d) Organizacións profesionais: entenderanse como organizacións profesionais aquelas que exerzan a súa actividade maioritariamente no sector do viño, e que estean recoñecidas no ámbito nacional de acordo coa normativa vixente, e que teñan entre os seus fins estatuarios a realización de actividades de promoción.
e) Órganos de xestión e de representación das indicacións xeográficas protexidas e denominacións de orixe protexidas vínicas, así como as súas asociacións.
f) As asociacións temporais ou permanentes de produtores que teñan entre os seus fins o desenvolvemento de iniciativas en materia de promoción e comercialización do viño.
Entenderanse como tales as agrupacións de viticultores e/ou produtores, persoas físicas ou xurídicas, públicas ou privadas, as comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado que, aínda carecendo de personalidade xurídica, poidan levar a cabo os proxectos ou actividades para os cales se agruparon. Actuarán de conformidade co artigo 11.3 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.
g) Cooperativas que comercializan viños elaborados por elas ou polos seus asociados.
h) As entidades asociativas sen ánimo de lucro participadas exclusivamente por empresas do sector vitivinícola que teñan entre os seus fins a promoción exterior dos viños.

Gastos subvencionables
1. Con carácter xeral, serán subvencionables os gastos necesarios para desenvolver as accións e actividades de promoción indicadas no anexo III desta orde, coas limitacións sinaladas nos puntos seguintes.
2. Serán subvencionables os gastos administrativos do beneficiario, sempre que os ditos gastos se consignen nunha partida específica do orzamento recapitulativo do programa. Estes gastos incluirán, se é o caso, os correspondentes ao certificado dos estados financeiros.
3. Tamén se poderán considerar subvencionables os custos de persoal, se se producen con motivo da preparación, execución ou seguimento desa operación subvencionada concreta, incluída a avaliación. Os ditos custos de persoal inclúen os custos do persoal contratado polo beneficiario especificamente con motivo da operación e os custos correspondentes á proporción das horas de traballo investidas na operación por parte do persoal
permanente do beneficiario.

BASES

O prazo de presentación de solicitudes remata o día 14 de xaneiro de 2019.