Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar", concordas con estas condicións. Máis información

Loading...

Emprego A Estrada

Xoves, 20 Decembro 2018 07:33

FUNDACIÓN GALICIA EUROPA CONVOCA BOLSAS DE FORMACIÓN

Fundación Galicia Europa convoca BOLSAS DE FORMACIÓN:

Dirixidas a persoas cun título universitario ou cun título de técnico superior de formación profesional, para a realización de prácticas en asuntos relacionados coa Unión Europea nas oficinas da Fundación Galicia Europa en Santiago de Compostela e en Bruxelas.

Modalidades e lugar de realización das bolsas.
a) Bolsas destinadas a persoas cun título universitario para a súa formación en asuntos comunitarios desde unha perspectiva galega.
b) Bolsas destinadas a persoas cun título universitario para a súa formación en comunicación das políticas comunitarias, das actividades da FGE e da participación galega en asuntos europeos.

O prazo de presentación de solicitudes e da documentación complementaria será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio da correspondente convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2018/20181220/AnuncioG0244-121218-0006_gl.pdf?fbclid=IwAR1_9JmHC3hBkdtKKaCzn1qCmP-savZEg1MwpVv9ra9tEU_ixy8cktoQxYw