Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar", concordas con estas condicións. Máis información

Loading...

Emprego A Estrada

Mércores, 19 Decembro 2018 07:22

MINISTERIO DE AGRICULTURA, PESCA E ALIMENTACIÓN CONVOCA BOLSAS DE FORMACIÓN PARA TITULADOS UNIVERSITARIOS NO ÁMBITO DA PRODUCIÓN E MERCADOS AGRARIOS

O obxecto da presente orde é establecer as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, e conforme aos principios de publicidade, transparencia, igualdade e non discriminación, de bolsas de formación práctica, para titulados universitarios en Enxeñería Agronómica, Enxeñería Técnica Agrícola, Veterinaria, Ciencia e Tecnoloxía dos alimentos, Matemáticas, Estatística, Informática, Dereito, Economía, Administración e Dirección de Empresas, Socioloxía, Publicidade, Relacións Públicas, Xornalismo, Química, Bioloxía, Bioquímica ou Farmacia.

As áreas de coñecemento en que se formará aos bolseiros, segundo a súa titulación, serán algunha ou algunhas das seguintes:
a) Ordenación e fomento da produción gandeira.
b) Ordenación e fomento da produción agrícola nos sectores de Froitas e
Hortalizas, Plantas Vivas, e Vitivinicultura.
c) Ordenación e fomento da produción agrícola nos sectores de Cultivos
Herbáceos e Industriais e Aceite de Oliva.
d) Medios de produción gandeiros
e) Medios de produción agrícolas e variedades vexetais.

As bolsas comezarán desde a incorporación dos bolseiros tras a notificación da resolución da súa concesión e terán a duración que se estableza na
convocatoria, cun máximo dun ano desde a data da resolución de concesión das bolsas. Poderán ser prorrogadas anualmente, segundo o que se estableza nas convocatorias, por un máximo de dous anos máis, sempre que, segundo o criterio da Dirección Xeral de Producións e Mercados Agrarios, resulte conveniente e que exista a correspondente dotación orzamentaria.

A contía máxima destas bolsas por beneficiario será de 1.150 euros brutos mensuais, á que se aplicarán os descontos e as retencións legais vixentes,
incluídas as cotizacións á seguridade social que correspondan, e será abonada aos beneficiarios con periodicidade mensual.

O prazo de solicitudes será de quince días hábiles a partir do día seguinte á publicación do extracto da correspondente convocatoria no «Boletín Oficial do Estado»

https://www.boe.es/boe/dias/2018/12/19/pdfs/BOE-A-2018-17413.pdf