Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar", concordas con estas condicións. Máis información

Loading...

Emprego A Estrada

Luns, 17 Decembro 2018 09:26

INCENTIVOS E BONIFICACIÓNS PARA EMPPRESAS

Os incentivos e bonificacións xeralmente teñen o seu reflexo na redución da carga tributaria ou das cotizacións das empresas que compren con determinadas condicións, establecidas nas bases da axuda, para axudar ás empresas de nova creación e ás persoas emprendedoras que as promoven, a consolidarse no comezo da súa andaina.

Con carácter xeral e de xeito resumido, estes incentivos e bonificacións son os seguintes.

Incentivos fiscais:

- Imposto de sociedades: tributarán ao 15% no primeiro exercicio en que a base impoñible do imposto sexa positiva, en lugar de ao 25%.
- Imposto sobre a renda (IRPF): as persoas socias de empresas de nova creación poderán gozar dunha dedución do 30% das cantidades satisfeitas. Tamén no IRPF está exento de tributación o pago único da prestación por desemprego para desenvolver unha actividade económica.

- Emprego autónomo: as persoas que inicien a actividade no réxime xeral do traballo autónomo (RETA), terán dereito a unha redución do 20% no rendemento neto positivo no primeiro período impositivo no que sexa positivo e no seguinte.

- Ademais dos anteriores, as empresas de reducida dimensión (con importe neto da cifra de negocio inferior a 10 millóns de euros) contan con outros incentivos fiscais como a liberdade de amortización ou a amortización acelerada entre outras, que aínda que son de aplicación contable, teñen importancia e efectos fiscais xa que inciden sobre as bases impoñibles polas que tributan.

Bonificacións na cota da Seguridade Social:

- Bonificacións e reducións da cota á seguridade social para establecerse como traballadoras por conta propia (emprego autónomo de persoas con discapacidade, vítimas de violencia de xénero e vítimas de terrorismo).

- Compatibilización da prestación por desemprego co inicio dunha actividade por conta propia (máximo de 270 días).

- Pagamento único da prestación por desemprego.

- Adicionalmente, o emprego autónomo, segundo as condicións definidas, ten dereito á tarifa plana de 50€ durante os 12 primeiros meses, cunha redución do 50% nos seguintes 6 meses, unha redución equivalente ao 30% da cota durante os 3 meses seguintes e unha bonificación equivalente do 30% durante outros 3 meses.