Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar", concordas con estas condicións. Máis información

Loading...

Emprego A Estrada

Luns, 17 Decembro 2018 07:26

CONVOCATORIA DE AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE VEHÍCULOS TAXIS ADAPTADOS A PERSOAS CON MOBILIDADE REDUCIDA

CONSELLERÍA DE INFRAESTRUTURAS E MOBILIDADE
ORDE do 26 de novembro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para a adquisición de vehículos taxi adaptados a persoas con mobilidade reducida (eurotaxi) e se convocan para o exercicio 2019 (tramitación anticipada).

Beneficiarios
Poderán ser beneficiarios das axudas, sen prexuízo de reuniren os demais requisitos establecidos nestas bases, as persoas físicas titulares de autorizacións administrativas de transporte vixentes, documentadas en tarxetas da serie VT-N, expedidas pola Dirección Xeral de Mobilidade ou polos servizos de mobilidade competentes.
Para que xeren dereito á axuda, as autorizacións deberán axustarse ás seguintes regras:
a) As autorizacións terán que estar domiciliadas en Galicia.
b) As ditas autorizacións deberán estar vixentes no momento da presentación da solicitude.
c) Xerará dereito á axuda cada unha das autorizacións das cales sexa titular o solicitante, agás no suposto de que para a mesma autorización a persoa interesada acadase a condición de beneficiario/a con base en convocatorias anteriores de axudas efectuadas pola Consellería de Infraestruturas e Mobilidade para esta mesma finalidade

A axuda por vehículo será de 10.000 €.

O prazo de presentación de solicitudes comezará o 2 de xaneiro de 2019 e finalizará o día 13 de outubro de 2019, agás que se produza o suposto de esgotamento previo de crédito.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2018/20181217/AnuncioG0533-041218-0003_gl.pdf