Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar", concordas con estas condicións. Máis información

Loading...

Emprego A Estrada

Luns, 17 Decembro 2018 07:22

CONVOCATORIA DE AXUDAS PARA A FORMACIÓN NO ÁMBITO DO TRANSPORTE POR ESTRADAS

CONSELLERÍA DE INFRAESTRUTURAS E MOBILIDADE
ORDE do 26 de novembro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras para conceder axudas para a formación no ámbito do transporte por estrada en Galicia, e se convocan para 2019 (tramitación anticipada).

Entidades beneficiarias
Poderán ser beneficiarias das axudas, sen prexuízo de reunir os demais requisitos establecidos nesta orde, as asociacións profesionais de transportistas ou de empresarios de actividades auxiliares ou complementarias do transporte, ou as federacións destas, que teñan xustificado ante a Dirección Xeral de Mobilidade, con anterioridade á data de publicación desta orde, a súa representatividade no marco do sector profesional, para os
efectos do regulado polo Decreto 251/1998, do 10 de setembro, polo que se crea o Comité Galego de Transporte por Estrada e se regula o Rexistro de Asociacións Profesionais de Transportistas e de Empresas de Actividades Auxiliares e Complementarias do Transporte, participen ou non, de xeito efectivo, no referido órgano de representación.

O prazo de presentación de solicitudes comezará o 2 de xaneiro de 2019 e rematará o 4 de febreiro de 2019.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2018/20181217/AnuncioG0533-041218-0001_gl.pdf