Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar", concordas con estas condicións. Máis información

Loading...

Emprego A Estrada

Xoves, 25 Outubro 2018 11:30

VII PROGRAMA DE EMPRENDEMENTO AGROALIMENTARIO

QUÉ É O PROGRAMA DE EMPRENDEMENTO AGROALIMENTARIO?

É un programa de aopio ao deseño, desenvolvemento e implantación de iniciativas eproxectos empresariais innovadores nos sectores agroalimentario, forestal, pesqueiro e marisqueiro, así coomo proxectos de base tecnolóxica e servizos relacionados cos anteriores, que contribúan ao desenvolvemento do medio rural de Galicia.

CAL É O SEU OBXECTIVO?

Axudar aos emprendedores e emprendedoras a desenvolver as sús ideas empresariais, convertelas en proxectos de negocio e materializalas en empresas reais, innovadoras e competitivas.

QUEN PODE PARTICIPAR?

Persoas emprendedoras con proxectos de:

  • Empresas de nova creación ou en fase de lanzamento.
  • Sucesión e recuperación de empresas e explotacións familiares.
  • Posta en valor de activos rurais improductivos.
  • Empresas que desexen poñer no mercado novos produtos ou servizos innovadores.

 

COMO SE DESENVOLVE?

1.- OBRADOIRO DE IDEAS:

Obradoiro de ideas empresariais de caracter selectivo de 10 horas de duración.

Prazas: 32

Xaneiro 2019

 

2.- DESENVOLVEMENTO DO PROXECTO:

As mellores ideas empresariais recibirán asesoramento para desenvolver o seu PLAN DE EMPRESA

Prazas: 10

Febreiro- Xullo 2019

 

3.- POSTA EN MARCHA DO PROXECTO

Axudámosche ao lanzamento da túa empresa ao mercado: IMPLANTACIÓN

Prazas: 10

Setembro- Novembro 2019

Para máis información consulta as bases do programa en:

www.juanadevega.org 

Teléfono: 981 654 637 

E-mail: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.