Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar", concordas con estas condicións. Máis información

Loading...

Emprego A Estrada

Mércores, 24 Outubro 2018 11:32

VOLUNTARIADO EN SENEGAL

Senegal é un dos países máis estables de África a nivel político, Senegal está dominado por unha gran pobreza, pois máis do 50% dos seus 12,5 millóns de habitantes viven por baixo do limiar da pobreza.

O sector da agricultura é o principal provedor de emprego e recursos en todo o país, pero actualmente atravesa moitas dificultades debido á falta dun equipamento agrícola moderno e adecuado. En consecuencia, este país africano non logra cubrir as necesidades de consumo básicas que ten a súa poboación.

Se queres facer un voluntariado en África, podes apuntarche a unha das vacantes que acaba de convocar a organización CC ONG Axuda ao Desenvolvemento Senegal (e que recolle o portal de emprego hacesfalta.org ), e colaborar nalgún dos seus máis de 350 proxectos no ámbito sanitario, o educativo, o de desenvolvemento económico, o de infraestruturas, o de agricultura, o de medio ambiente ou o de cultura.

Esta ONG traballa nas localidades senegalesas de Ndokh, Toucar e Boucoul, e neste momento está a buscar a voluntarios que teñan un perfil profesional docente, sanitario ou no ámbito da enxeñería.

O voluntariado para profesores esténdese ao longo de todo o curso escolar (de outubro a xuño) ou ben, para as escolas de verán (de xullo a setembro). Neste caso, non é necesario contar cun título universitario, aínda que se valorará especialmente aos candidatos que o teñan. 

No caso do voluntariado para persoal sanitario, búscanse médicos e enfermeiras que poden ser titulados ou estudantes. Estes voluntarios encargaranse de colaborar nun centro de saúde e servir así de apoio ao persoal médico da zona.

E finalmente, no caso do voluntariado para enxeñeiros e persoal de mantemento, esta ONG busca voluntarios que se encarguen de verificar o estado dos equipos solares, así como de realizar pequenas reparacións e a ampliación de sistemas de enerxía solar fotovoltaica no poboado de Ndokh. 

Tes a oportunidade de facer un voluntariado individual ou en grupo, así como de elixir a duración da viaxe e as datas máis convenientes para ti, xa que os proxectos están dispoñibles durante todo o ano.

E se es estudante e desexas facer un período de prácticas no estranxeiro, tamén podes inscribirche en calquera dos proxectos e darlle así un xiro diferente ao teu currículo.

INFORMACIÓN COMPLETA