Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar", concordas con estas condicións. Máis información

Loading...

Emprego A Estrada

Mércores, 17 Outubro 2018 11:22

CONGRESO DOS DEPUTADOS CONVOCA SEIS BOLSAS DE FORMACIÓN

Acordo do 25 de setembro de 2018, da Mesa do Congreso dos Deputados, de convocatoria de bolsas de formación práctica sobre comunicación institucional relacionada co Parlamento.

O Congreso dos Deputados convoca seis bolsas individuais de formación práctica sobre comunicación institucional relacionada coa actividade parlamentaria. O desenvolvemento das bolsas estará dirixido pola Dirección de Comunicación da Cámara e polo Departamento de Prensa. Os estudos e traballos prácticos realizados quedarán de propiedade do Congreso dos Deputados.

Duración e contía.
Cada unha das seis bolsas terá unha duración de doce meses. O inicio das mesmas comunicarase aos beneficiarios simultaneamente á notificación da
concesión. As bolsas terminarán o 31 de decembro de 2019.

A contía total da bolsa será de doce mil novecentos euros (12.900 €) brutos, que se percibirán finalizado cada mes a razón dunha contía bruta de mil setenta e cinco euros (1.075 €) e que estarán suxeitos ás retencións que proceda.

O prazo para a presentación de instancias será de dez días hábiles, seguintes á data de publicación no «Boletín Oficial do Estado».

BASES