Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar", concordas con estas condicións. Máis información

Loading...

Emprego A Estrada

Martes, 09 Outubro 2018 06:33

CONVOCATORIA DE SUBVENCIÓNS PARA A EXECUCIÓN DE PROXECTOS AO ABEIRO DA SUBMEDIDA 19.3 (COOPERACIÓN NO ÁMBITO DE LEADER) , DE MEDIDA LEADER DO PROGRAMA DE DESENVOLVEMENTO RURAL DE GALICIA 2014- 2020

AXENCIA GALEGA DE DESENVOLVEMENTO RURAL
RESOLUCIÓN do 24 de setembro de 2018 pola que se convocan subvencións para a execución de proxectos ao abeiro da submedida 19.3 (cooperación no ámbito de Leader), da medida Leader do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020, para as anualidades 2018 e 2019, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural.

Esta convocatoria está sometida ás bases reguladoras das axudas para a preparación e realización de proxectos de cooperación entre grupos de desenvolvemento rural (submedida 19.3 da medida Leader), cofinanciadas co Feader no marco do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020 (PDR), que se publicaron mediante a Resolución do director xeral da Agader do 30 de xullo de 2018 (DOG núm. 153, do 10 de agosto) (ACCESO)

Solicitudes de axuda
Esta convocatoria ten o carácter de aberta e establécese un só procedemento de selección.
Neste senso, o prazo de presentación de solicitudes será desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia (DOG) ata o 15 de novembro de 2018.

O prazo máximo para a resolución e notificación do procedemento de selección será de catro meses, contados a partir da data de finalización do correspondente prazo de presentación de solicitudes, de acordo co artigo 25.4 da Lei 38/2003, do 17 de novembro.

RESOLUCIÓN