Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar", concordas con estas condicións. Máis información

Loading...

Emprego A Estrada

Mércores, 03 Outubro 2018 10:27

CONVOCATORIA DAS BOLSAS DAAD PARA APRENDER ALEMÁN O VINDEIRO VERÁN

Quen pode solicitar estas bolsas?

Este programa de bolsas diríxese a estudantes universitarios/as que estean matriculados/as en programas de grao, máster ou doutoramento e que xa cursasen, polo menos, dous anos de estudos superiores.

Que pode ser financiado?

Estas bolsas teñen como obxectivo promover a asistencia a cursos de idioma, cultura e civilización e de linguaxe especializada ofrecidos por institucións de educación superior públicas ou oficialmente recoñecidas pola República Federal de Alemaña, así como por institutos de lingua asociados.

Oferta de cursos en: http://www.daad.de/hsk-kursliste (Cursos marcados con * en azul).
Os cursos impártense exclusivamente en alemán.

As bolsas teñen unha duración mínima de 18 días de curso (cun máximo de 5 días por semana e sen incluír día de chegada e día de saída), cun mínimo de 25 horas lectivas por semana.

Os cursos impártense entre os meses de xuño e decembro.

As bolsas non son prorrogables.


Contía

  • O DAAD concede unha bolsa de 950 euros. Por regra xeral, o aloxamento pódese contratar a través do organizador do curso
  • Servizos que conciernen ao seguro médico, ao seguro de accidentes e ao seguro privado de responsabilidade civil
  • O provedor do curso deducirá, por regra xeral, as taxas do curso e do aloxamento directamente do importe total da bolsa. Por tanto, o estudante recibirá a diferenza entre o importe da bolsa e ditas taxas ou, no seu caso, deberá abonar os custos adicionais ao provedor do curso.
  • Os beneficios da bolsa mencionados anteriormente non se transfiren ao estranxeiro.


Selección
As solicitudes serán avaliadas por un comité de preselección en Madrid. A decisión final sobre a concesión dunha bolsa será tomada na sede central do DAAD en Bonn.

Os criterios de selección máis importantes son:

  • méritos académicos ata o momento
  • motivación convincente na elección dos estudos universitarios
  • o coñecemento do alemán

A decisión do xurado será inapelable. Por razóns de protección de datos non se publicará unha lista de admitidos/excluídos nin tampouco unha lista de bolseiros. Toda confirmación será directamente co candidato a través do correo electrónico facilitado.

Entran neste proceso de selección unicamente as solicitudes completas e presentadas na orde indicada dentro do prazo establecido.

Non existe un proceso de corrección de documentos, polo que o solicitante responsabilízase de presentar unha solicitude completa e de informarse coa suficiente antelación.

 

Requisitos para a solicitude

  • Ademais dos estudantes de Bachelor e Master, tamén poden solictar esta bolsa os estudantes de doutoramento.
  • A idade mínima ao comezo da bolsa é de 18 anos.
  • Os estudantes que desexen solicitar esta bolsa desde España han de estar matriculados nun centro de ensino superior de España (país de residencia permanente) no momento de iniciar a estancia en Alemaña.
  • Os candidatos que obtiveron unha bolsa do DAAD para asistir a un curso de verán non poden volver solicitar ningunha destas bolsas durante un período mínimo de tres anos.
  • Coñecemento de alemán Os candidatos deben ter bos coñecementos de alemán, para poder seguir relatorios en alemán e participar en traballos desenvolvidos en grupo.
  • Os candidatos de estudos de grao e master teñen que presentar un certificado de alemán no momento da solicitude co nivel mínimo B1 (completo) do Marco Común Europeo de Referencia para as linguas ( MCER).
  • Os estudantes de doutoramento sempre deben demostrar o nivel mínimo de idioma de A1 (completo).
  • O certificado de alemán ten que ser expedido no último ano, coa excepción dos certificados para partir do nivel B2 ou TDN4 (en todos os módulos), os cales non teñen caducidade.

Acéptanse os seguintes certificados de idiomas: onSET ( onDaF), TestDaF, os certificados dos Goethe- Institut, as EE. OO.II., DSD, DSH, telc Deutsch, *ÖSD. **

PRAZO DE SOLICITUDE: Ata o 1 de decembro de 2018

INFORMACIÓN COMPLETA