Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar", concordas con estas condicións. Máis información

Loading...

Emprego A Estrada

Xoves, 13 Setembro 2018 06:25

CONVOCATORIA DE BOLSAS PARA A REALIZACIÓN DE PRÁCTICAS FORMATIVAS DE PERSOAS FORMATIVAS CON DISCAPACIDADE INTELECTUAL

Orde EFP/938/2018, do 5 de setembro, pola que se establecen as bases reguladoras das bolsas para a realización de prácticas formativas de persoas con discapacidade intelectual no Ministerio de Educación e Formación Profesional.

A finalidade destas axudas é contribuír á formación de persoas con discapacidade intelectual integradas en programas ou itinerarios de inserción laboral individual no momento da aprobación da convocatoria. A formación obtida polas bolsas será complementaria da prevista nestes programas ou itinerarios realizados por entidades públicas ou privadas sen ánimo de lucro que apliquen a metodoloxía do emprego con apoio para facilitar a integración laboral do colectivo ao que se dirixen as bolsas.

Con carácter preferente a duración das bolsas será de seis meses, podendo estender a súa duración ata un máximo de doce meses de acordo co previsto en cada convocatoria.

O prazo de presentación de solicitudes será de quince días hábiles a contar desde o día seguinte ao da publicación do extracto da convocatoria
correspondente no «Boletín Oficial do Estado».

Bases: https://www.boe.es/boe/dias/2018/09/13/pdfs/BOE-A-2018-12497.pdf