Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar", concordas con estas condicións. Máis información

Loading...

Emprego A Estrada

Xoves, 13 Setembro 2018 06:15

SENADO CONVOCA VARIAS BOLSAS DE FORMACIÓN

Convócanse quince bolsas de formación archivística, documental e bibliotecaria, dirixidas a mozos titulados que desexen especializarse nestes campos.

A formación será basicamente práctica, mediante a participación nas tarefas propias das Direccións de Documentación, de Estudos ou de Asistencia TécnicoParlamentaria da Secretaría Xeral do Senado.

As bolsas outórganse cunha duración dun ano (desde o 1 de xaneiro ata o 31 de decembro de 2019) e consistirán en doce pagos por meses vencidos de oitocentos (800) euros brutos.

O Senado dará de alta ás persoas que obteñan a bolsa no réxime xeral da Seguridade Social, cotizando por todas as continxencias comúns e profesionais legalmente establecidas, coa excepción das de desemprego, Fondo de Garantía Salarial e formación profesional, de conformidade co disposto pola lexislación vixente en materia de Seguridade Social.

As bolsas son improrrogables e incompatibles con calquera outra bolsa concedida para o mesmo período, así como co desempeño de calquera actividade laboral.

O prazo para presentar as solicitudes comezará o día seguinte ao da publicación desta convocatoria no «Boletín Oficial do Estado» e finalizará ás 24:00 horas do día 29 de setembro de 2018.

Bases: https://www.boe.es/boe/dias/2018/09/13/pdfs/BOE-A-2018-12487.pdf