Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar", concordas con estas condicións. Máis información

Loading...

Emprego A Estrada

Venres, 10 Agosto 2018 07:24

CONVOCATORIA DO PROGRAMA DE APOIO AO ACCESO AO FINANCIAMENTO OPERATIVO (ACTIVO CORRENTE) DAS PEQUENAS E MEDIANAS EMPRESAS

Instituto Galego de Promoción Económica
RESOLUCIÓN do 26 de xullo de 2018 pola que se lle dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), que aproba as bases reguladoras do programa de apoio ao acceso ao financiamento operativo (activo corrente) das pequenas e medianas empresas, instrumentadas mediante convenio de colaboración entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), as sociedades de garantía recíproca e as entidades financeiras adheridas (Re-solve 2018), e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia non competitiva.

O importe do préstamo subsidiable será igual ou superior a 3.000,00 € e igual ou inferior a 500.000,00 €

O prazo de presentación de solicitudes por parte dos interesados no Igape comezará o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e rematará o 31 de outubro de 2018.

RESOLUCIÓN