Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar", concordas con estas condicións. Máis información

Loading...

Emprego A Estrada

Venres, 10 Agosto 2018 07:12

CONVOCATORIA DE BOLSAS DE FORMACIÓN PRÁCTICA EN MERCADOS EMISORES MEDIANTE A REALIZACIÓN DE PRÁCTICA DE ESPECIALIZACIÓN EN OFICINAS DE TURISMO EN MERCADOS EMISORES

Axencia Turismo de Galicia
RESOLUCIÓN do 2 de agosto de 2018 pola que se regulan as bases para a concesión de bolsas de formación práctica en mercados emisores mediante a realización de prácticas de especialización en oficinas de turismo en mercados emisores durante os anos 2018 e 2019, e se procede á súa convocatoria.

Convocar de acordo coas devanditas bases reguladoras a concesión de oito bolsas de formación, en Londres, París, Berlín, Os Ánxeles, São Paulo, Bruxelas, Cantón e Milán.

O programa formativo desenvolverase ao longo dos anos 2018 e 2019 cunha duración máxima de 10 meses, contados desde a data da incorporación das persoas bolseiras.

A data prevista de incorporación dos/das bolseiros/as aos seus destinos é o 1 de outubro de 2018 e está condicionada á dispoñibilidade nas oficinas das consellerías de turismo en destino; en todo caso, manterase á duración total de 10 meses contados a partir da data de incorporación da persoa bolseira.

A dotación económica das bolsas será a que se indica no seguinte cadro:

Cidade de destino        Nº de bolsas          Dotación euros (total)

Londres                               1                       28.735,90 €
París                                   1                       22.960,60 €
Berlín                                  1                       21.658,60 €
São Paulo                            1                       28.735,90 €
Os Ángeles                          1                       24.451,70 €
Bruxelas                              1                      28.735,90 €
Cantón                                1                      24.451,70 €
Milán                                  1                      22.030,60 €

Poden solicitar a concesión das bolsas as persoas que reúnan os seguintes requisitos ( CONSULTAR BASES):

1. Nacionalidade: ser español/a ou nacional dun Estado membro da Unión Europea.
2. Titulación: estar en posesión na data de aceptación da bolsa dun grao universitario ou titulación homologada ou equivalente.
Poderán participar no proceso de selección aqueles candidatos que no momento de presentación das solicitudes teñan superadas todas as materias do grao e estean pendentes da presentación e defensa do traballo de fin de grao. Estes candidatos deberán acreditar estar en posesión do título universitario no momento de aceptación da bolsa. O título achegado non poderá ser anterior ao 31 de decembro de 2014.

Os títulos obtidos no estranxeiro ou en centros españois non estatais, deberan estar validados ou recoñecidos oficialmente polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte.

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

BASES