Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar", concordas con estas condicións. Máis información

Loading...

Emprego A Estrada

Xoves, 26 Xullo 2018 08:57

PROGRAMA GALEUROPA 2018

Que é?

Galeuropa é un programa de mobilidade transnacional xuvenil para incrementar as posibilidade de inserción laboral da xente nova, completar a competencia profesional e persoal, adquirir competencias en idiomas estranxeiros e fomentar a autonomía persoal. É dicir, son axudas para a realización de prácticas formativas non retribuídas en empresas, entidades públicas ou privadas de países Europeos.

Quen pode participar?

- Mozos e mozas menores de 30 anos que non teñan participado no programa en anos anteriores.
- É necesario incribirse no ficheiro do Sistema nacional de garantía xuvenil (SNGX) no ámbito da Comunicade Autónoma de Galicia.

Onde?

- Inglaterra (Eastbourne)
- Italia (Brecia)
- Portugal (Lisboa)

Amigos da Terra daralle prioridade aos proxectos ambientais e a selección de empresas farase atendendo a criterios de sustentabilidade ambiental e social.

Cánto tempo?

Dende 1 de Setembro e rematando como máximo o 30 de novembro

Qué custos cubre esta axuda?

- Viaxe
- Aloxamento
- Manutención
- Apoio lingüístico (45 horas)
- Transporte local no país de destino

Para incribirte con Amigos da Terra podedes cubrir o seguinte formulario

As prazas son limitadas!!!!

Máis información en:

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. ou no número de teléfono 988 374 318