Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar", concordas con estas condicións. Máis información

Loading...

Emprego A Estrada

Xoves, 26 Xullo 2018 06:08

HOMOLOGACIÓN E/OU VALIDACIÓN DE TÍTULOS E ESTUDOS ESTRANXEIROS DE ENSINANZAS NON UNIVERSITARIAS

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria
ORDE do 9 de xullo de 2018 reguladora do procedemento de homologación e/ ou validación de títulos e estudos estranxeiros de ensinanzas non universitarias.

a) Homologación e/ou validación de títulos, diplomas ou estudos estranxeiros de ensinanzas non universitarias código de procedemento ED434A (anexo I).

b) Equivalencia de estudos estranxeiros coa escolaridade dos cursos 2º ou 3º de educación secundaria obrigatoria para efectos laborais e profesionais código de procedemento ED434B (anexo II).

O prazo máximo para notificar a resolución do procedemento é de tres (3) meses contados desde a entrada da solicitude no rexistro do órgano competente para a súa tramitación.

Os formularios normalizados que se insiren como anexos I, II e III desta orde tamén están dispoñibles:
a) No portal educativo, enderezo http://www.edu.xunta.gal
b) Nas dependencias da Subdirección Xeral de Centros e nas xefaturas territoriais da consellería competente en materia de educación.

Documentación necesaria para a tramitación do procedemento
1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude de homologación e/ou validación os seguintes documentos que acrediten:
a) A identidade expedido polas autoridades competentes do país de orixe (documento de identidade, pasaporte,...).
b) A representación por calquera medio que deixe constancia fidedigna da súa existencia.
c) Título ou diploma oficial obxecto de recoñecemento ou, se procede, certificación oficial acreditativa da superación dos exames finais correspondentes.
d) Certificación académica acreditativa dos cursos realizados, en que consten as materias cursadas, as cualificacións obtidas e os anos académicos en que se realizaron os cursos.
e) Resgardo do pagamento da taxa código 30.20.02, agás para o título de graduado/a en educación secundaria obrigatoria.
f) Anexo III, se é o caso.

Os documentos expedidos no estranxeiro axustaranse aos seguintes requisitos:
a) Ser oficiais e estar expedidos polas autoridades competentes de acordo co ordenamento xurídico do país de que se trate.
b) Estar legalizados por vía diplomática ou, se é o caso, mediante a apostila do Convenio da Haya. Este requisito non se esixirá aos documentos expedidos polos estados membros da Unión Europea nin polos estados asinantes do Acordo sobre Espazo Económico Europeo.
c) Ir acompañados da correspondente tradución oficial para o galego ou para o castelá realizada por tradutor/a debidamente autorizado.

ACCESO Á RESOLUCIÓN