Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar", concordas con estas condicións. Máis información

Loading...

Emprego A Estrada

Xoves, 28 Xuño 2018 06:19

CONVOCATORIA DAS AXUDAS PARA NOVOS EMPRENDEDORES/AS FINANCIADAS POLO FEDER

Instituto Galego de Promoción Económica
RESOLUCIÓN do 15 de xuño de 2018 pola que se dá publicidade do acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas para novos emprendedores, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva (Galicia Emprende).

Proxectos obxecto de apoio
Serán subvencionables os proxectos de creación de pequenas e medianas empresas por novos emprendedores, así como os proxectos de investimento para a ampliación de pequenas e medianas empresas xa creadas, sempre que cumpran os requisitos para seren consideradas nova peme.

Beneficiarios
Poderán ser beneficiarios destas axudas as pequenas e medianas empresas segundo a definición establecida pola Comisión Europea no anexo I do Regulamento (UE) nº 651/2014 (DOUE L 187, do 26 de xuño), polo que se declaran determinadas categorías de axuda compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado, nas cales non concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10.2 e 3 da Lei 9/2007, do 13Nde xuño, de subvencións de Galicia (DOG núm. 121, do 25 de xuño), e cumpran as condicións establecidas no artigo 4 das bases reguladoras.

Intensidade de axuda e criterios de avaliación e selección de proxectos

Con carácter xeral a subvención poderá chegar ata o 20 % dos investimentos subvencionables e ata o 30 % se o beneficiario é unha pequena empresa, agás os gastos do artigo 5.1.f) anterior, que poderán chegar ao 10 % no caso de medianas empresas e ao 20 % no caso de pequenas empresas.

Prazo de presentación de solicitudes
Na convocatoria 2018.1 o prazo de presentación de solicitudes comezará o día seguinte á publicación da resolución de convocatoria no Diario Oficial de Galicia e finalizará o 27 de xullo de 2018.

Na convocatoria 2018.2 o prazo de presentación de solicitudes comezará o 30 de xullo de 2018 e finalizará o 25 de outubro de 2018.

Bases: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2018/20180625/AnuncioO92-120618-0001_gl.pdf