Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar", concordas con estas condicións. Máis información

Loading...

Emprego A Estrada

Xoves, 21 Xuño 2018 08:19

CONVOCATORIA DO PROGRAMA DE REMUDA XERENACIONAL NOS NEGOCIOS DAS PERSOAS TRABALLADORAS AUTÓNOMAS

Consellería de Economía, Emprego e Industria
ORDE do 7 de xuño de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa de remuda xeracional nos negocios das persoas traballadoras autónomas, e se procede á súa convocatoria para o ano 2018 (código de procedemento TR341S).

Persoas beneficiarias
1. Serán persoas beneficiarias destas axudas a persoa traballadora autónoma que vai transmitir o seu negocio por cesamento e, que no momento da transmisión, estea nalgunha das seguintes situacións no momento da transmisión do negocio:
a) Que teñan 63 anos ou máis.
b) Pola declaración de incapacidade total ou absoluta (incluído grande invalidez) recoñecida polos órganos competentes da Seguridade Social.
c) As persoas herdeiras no caso de falecemento da persoa traballadora autónoma titular do negocio.

No caso das persoas traballadoras autónomas societarias para ser beneficiarios desta axuda a transmisión das accións ou participacións da sociedade debe supoñer o control da sociedade por parte do adquirente, é dicir, posuír máis do cincuenta por cento das accións ou participacións da sociedade.

No caso de transmisión do negocio, por ter a persoa traballadora autónoma 63 anos ou máis, debe levar máis de 48 meses de alta no réxime especial de traballadores autónomos (RETA).

2. Tamén será beneficiaria da axuda a persoa que adquira o negocio e que estea dada de alta no réxime especial de traballadores autónomos (RETA) tras a súa adquisición.

Subvencións
1. A persoa transmisora e a persoa adquirente terán unha axuda consistente no pagamento do 100 % dos gastos de asesoramento cun límite de 1.000 € para a persoa transmisora e de 1.500 € para o adquirente.

No caso de que o negocio teña varias persoas donas a axuda consistirá no pagamento do 100 % dos gastos de asesoramento cun límite de 1.000 € por negocio. Se o negocio ten varias persoas adquirentes para explotalo conxuntamente a axuda será de 1.500 € por negocio.

O prazo de presentación de solicitudes será desde o día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia ata o 30 de setembro de 2018.

Bases: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2018/20180621/AnuncioG0424-080618-0002_gl.pdf