Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar", concordas con estas condicións. Máis información

Loading...

Emprego A Estrada

Martes, 19 Xuño 2018 10:52

PROGRAMA DE PRÁCTICAS REMUNERADAS PARA EMPRESAS DA FUNDACIÓN UNIVERSIDADE DA CORUÑA

Se tes unha empresa e queres contar co talento dos profesionais do futuro, a Fundación Universidade da Coruña (FUAC) é a túa solución.

Contacta coa Fundación  e poderás contar cunha gran experiencia na xestión de recursos humanos.

Máis de 14.000 prácticas subscritas dende 1997 avalan o seu compromiso para facer chegar ás empresas o talento da mocidade.

A Fundación Universidade da Coruña (FUAC) é unha organización privada non lucrativa, que impulsa cursos, mestrados, prácticas en empresas, autoemprego e outros proxectos de carácter benéfico-docente, para a promoción, desenvolvemento e financiamento das actividades propias da Universidade da Coruña e as súas relacións coa sociedade.

Requisitos empresa
• Posuír as instalacións, medios e recursos necesarios.
• Dispoñer dun mínimo de dous traballadores na empresa, tendo un deles a mesma titulación ou a experiencia suficiente para velar así pola formación
do bolseiro.
• Completar o seu rexistro como empresa en www.fundacion.udc.es/emplea   e convocar todas as ofertas de prácticas que estime oportunas.

Financiamento
A empresa financiará o custo total da Práctica.
A FUAC emitirá a factura correspondente cos seguintes conceptos:
• Axuda económica bruta mensual.
• Cotas Seguridade Social para bolseiros.
• Gastos de xestión, coordinación e seguimento do Programa 12% (Socios 10%) sobre a axuda económica ao bolseiro, aos que se engadirá o IVE.

A FUAC tramitará as altas e baixas e cotizará polo bolseiro á Seguridade Social, nos termos e prazos establecidos no R.D. 1493/2011.

Máis información:

Fundación Universidade da Coruña
Paseo de Ronda 47, 2º Andar
15011 A Coruña
Tlf. 981 167 000
(ext. 4362, 1006, 2367 ou 4394)
email: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.