Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar", concordas con estas condicións. Máis información

Loading...

Emprego A Estrada

Luns, 18 Xuño 2018 06:18

CONVOCATORIA DE SUBVENCIÓNS DESTINADAS Á PRESTACIÓN DE SERVIZOS DE ASESORAMENTO A PERSOAS FÍSICAS OU XURÍDICAS TITULARES DE EXPLOTACIÓNS AGRÍCOLAS OU GANDEIRAS

Consellería do Medio Rural
ORDE do 6 de xuño de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas á prestación de servizos de asesoramento a persoas físicas ou xurídicas titulares de explotacións agrícolas ou gandeiras, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2018.

Beneficiarios
1. Poderán ser beneficiarias as entidades privadas recoñecidas ou autorizadas como entidades prestadoras de servizos de asesoramento inscritas no Rexistro de entidades con servizos de asesoramento ou xestión de Galicia e que presten servizos a titulares de explotacións agrarias que estean inscritas no Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia (en diante, Reaga), para a mellora dos resultados económicos, ambientais e da capacidade de
adaptación ao cambio climático da explotación.

2. Os destinatarios finais das axudas para os efectos desta orde serán as explotacións inscritas no Reaga. A súa priorización e selección efectuarase mediante a aplicación dos criterios descritos no artigo 24, de conformidade co artigo 14 do Regulamento 1306/2013 onde se establece que os Estados membros poderán determinar, seguindo criterios obxectivos, as categorías de beneficiarios que teñen acceso prioritario ao sistema de asesoramento
ás explotacións, debendo garantir que se dea prioridade a aqueles agricultores cuxo acceso a un servizo de asesoramento distinto do sistema de asesoramento ás explotacións sexa máis limitado.

O prazo para a presentación de solicitudes é dun mes desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Bases: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2018/20180618/AnuncioG0426-070618-0006_gl.pdf