Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar", concordas con estas condicións. Máis información

Loading...

Emprego A Estrada

Martes, 05 Xuño 2018 06:13

CONVOCATORIA DE AXUDAS PARA A CREACIÓN DE ESCOLAS INFANTÍS 0-3 EN POLÍGONOS INDUSTRIAIS E PARQUES EMRPESARIAIS

Consellería de Política Social
ORDE do 25 de maio de 2018 pola que se regulan as bases que rexerán a concesión de axudas económicas para a creación de escolas infantís 0-3 en polígonos industriais e parques empresariais, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva para os anos 2018 e 2019.

Entidades beneficiarias
Poderán ser beneficiarias destas axudas as asociacións empresariais ou entidades representantes dun parque empresarial ou polígono industrial, a título individual ou agrupadas, que reúnan os seguintes requisitos establecidos nas bases.

O período mínimo de permanencia da actividade da escola infantil 0-3 subvencionada será de 5 anos desde a data do pagamento final da axuda.

As axudas consistirán nunha subvención de ata o 100 % do custo total do investimento realizado, cun límite máximo global por escola infantil e entidade beneficiaria de 200.000 euros.

O prazo de presentación das solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Bases: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2018/20180605/AnuncioG0425-280518-0001_gl.pdf