Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar", concordas con estas condicións. Máis información

Loading...

Emprego A Estrada

Venres, 11 Mai 2018 11:04

BOLSAS SEPI: SELECCIÓN DE 100 PERSOAS BOLSEIRAS PARA TELEFÓNICA

Este programa de prácticas vai dirixido a mozos e mozas tituladas universitarias ou estudantes de disciplinas STEM (ciencia, tecnoloxía, enxeñeiría, e matemáticas) menores de 30 anos, que teñan un máximo pendente de 30 créditos ECTS por aprobar.

As bolsas levaranse a cabo en diferentes centros de Telefónica e terán unha duración de doce meses que, a petición de Telefónica e de maneira excepcional, se poderán ampliar ata seis meses máis.

Además de recibir formación práctica, todas as pesoas bolseiras percibirán tamén unha asignación mensual que poderá variar en función das súas circunstancias: 950 euros para os/as bolsiross/as que teñan  finalizado estudos de licenciatura, enxeñeiría ou máster, e 860 euros para estudantes que teñan finalizado estudos de diplomatura, enxeñeiría técnica ou graduado.

Para aqueles candidatos que aínda estén estudando, a dotación económica mensual será a seguinte: 860 euros para  que estude un máster (só titulacións de ciencia, tecnoloxía ou matemáticas a falta de 30 créditos ECTS ou para o resto de titulacións, só a falta do proxecto fin de máster).

As estudantes de grao (só titulacións de ciencia, tecnoloxía, enxeñeiría e matemáticas, que teñan un máximo pendente de 30 créditos ECTS por aprobar) recibirán unha contía mensual de 775 euros.

Prazo de solcitude: 20 de maio 

INSCRICIÓN