Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar", concordas con estas condicións. Máis información

Loading...

Emprego A Estrada

Xoves, 03 Mai 2018 06:08

CONVOCATORIA DO PROGRAMA DE SUBVENCIÓNS PARA SUFRAGAR OS GASTOS DE FUNCIONAMENTO DAS ENTIDADES ASOCIATIVAS GALEGAS DE PERSOAS TRABALLADORAS AUTÓNOMAS

Consellería de Economía, Emprego e Industria
ORDE do 19 de abril de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras dos programas de subvencións para sufragar os gastos de funcionamento das entidades asociativas galegas de persoas traballadoras autónomas, e se convocan para o ano 2018 (código de procedemento TR358A)

Entidades beneficiarias
Serán beneficiarias aquelas entidades asociativas de persoas traballadoras autónomas de carácter intersectorial que estean inscritas no Rexistro de Asociacións Profesionais de Traballadores Autónomos de Galicia.

Consideraranse gastos subvencionables os seguintes gastos xerais:
a) Gastos de persoal. Neste concepto só se terán en conta o salario base e as cotizacións sociais, incluídas as pagas extraordinarias.
b) Arrendamentos de locais.
c) Servizos profesionais independentes.
d) Primas de seguros.
e) Publicidade e propaganda.
f) Material de oficina, fotocopias e imprenta.
g) Gastos de subministracións eléctricas, de telefonía, de gas e de auga.
h) Cotas de subscrición a publicacións e inscrición en actividades e pola pertenza a outras organizacións autonómicas ou estatais.
i) Gastos de organización ou participación en congresos, seminarios, xornadas e outras actividades de natureza semellante, incluídos os gastos de desprazamento e manutención.
A contía da subvención polos gastos de desprazamento e manutención, por participar nestas actividades, non poderá superar o 50 % do seu custo.
j) Gastos ocasionados pola elaboración de estudos e publicacións, pola realización de actividades de formación en Galicia ou pola implantación de proxectos ou programas de promoción do emprego autónomo en Galicia, en particular o programa de remuda xeracional dos negocios dos autónomos, incluídos, neste suposto, os gastos de desprazamento e manutención. A contía da subvención polos gastos de desprazamento e manutención por
participar nestas actividades non poderá superar o 50 % do seu custo.

Poderase subvencionar ata o 90 % dos gastos subvencionables establecidos no artigo 7 e, en todo caso, o 10 % restante será por conta da entidade beneficiaria.

A contía máxima da subvención non poderá exceder a cantidade de 50.000 €

O prazo xeral de presentación de solicitudes do programa regulado nesta orde será dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Bases: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2018/20180503/AnuncioG0424-240418-0003_gl.pdf