Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar", concordas con estas condicións. Máis información

Loading...

Emprego A Estrada

Mércores, 02 Mai 2018 12:02

EUROPEAN SCHOOLNET CONVOCA BOLSAS DE FORMACIÓN PARA DESARROLLAR MOOCS OU CURSOS EN LIÑA EN BRUXELAS

As prácticas son remuneradas con 1.000 euros mensuais máis gastos de transporte e procuran a persoas candidatas con inglés, experiencia en edición de contidos  e capacidade de traballo en equipo.

Buscan a candidatos/as que saiban comunicarse con fluidez (falado e escrito) en inglés; teñan experiencia coa edición de contido web, tanto de HTML como de CSS; sexan capaces de traballar independentemente e en equipo; posuan sólidas habilidades para resolver problemas; e que sexan capaces de proporcionar informes comprensivos. Ademáis, valorarán como un plus que teñan coñecementos dos principios pedagóxicos en xeral e de eLearning en particular.

As prácticas son a tempo completo (38 horas/semana) en Bruxelas, Bélxica, e a remuneración é de 1.000 euros mensuais máis o reembolso parcial dos custes de transporte local.

A data límite para presentar solicitudes é o 10 de maio de 2018 (ou ata que se complete a publicación). Para solicitar a práctica hai que enviar o currículo e unha carta de motivación en inglés. As entrevistas terán lugar a fins de abril ou principios de maio, xa sexa en Bruxelas ou a distancia.

TODA A INFORMACIÓN