Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar", concordas con estas condicións. Máis información

Loading...

Emprego A Estrada

Mércores, 02 Mai 2018 06:17

CONSELLO DA CULTURA GALEGA CONVOCA 4 BOLSAS DE COLABORACIÓN

CONSELLO DA CULTURA GALEGA
RESOLUCIÓN do 19 de abril de 2018 pola que se aproban as bases que rexerán a convocatoria pública de catro bolsas de colaboración en proxectos de investigación que se están a desenvolver no Consello da Cultura Galega e se anuncia a súa convocatoria.

Persoas beneficiarias
Españois ou nacionais dun Estado membro da Unión Europea que estean en posesión ou en condicións de obter un título de licenciado o de grao en Comunicación, Humanidades e Ciencias Sociais, Documentación ou outras titulacións equivalentes, e que rematasen os seus estudos no curso académico 2010/11 ou posterior.

A contía das bolsas será de mil euros mensuais (1.000,00 euros).

A duración de cada unha das bolsas será de sete (7) meses, e a data estimada de comezo é o 1 de xuño de 2018 e a de remate, en calquera caso, o 31 de decembro de 2018. A data de incorporación ao centro establecerase na notificación da adxudicación da bolsa.

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Bases: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2018/20180502/AnuncioO111-190418-0001_gl.pdf