Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar", concordas con estas condicións. Máis información

Loading...

Emprego A Estrada

Mércores, 02 Mai 2018 06:12

CONVOCATORIA DE AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE VEHÍCULOS TAXIS ADAPTADOS A PERSOAS CON MOBILIDADE REDUCIDA

CONSELLERÍA DE INFRAESTRUTURAS E VIVENDA
ORDE do 18 de abril de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para a adquisición de vehículos taxi adaptados a persoas con mobilidade reducida (Eurotaxi) e se convocan para o exercicio 2018.

O procedemento de concesión das axudas será o de concorrencia non competitiva, de acordo co previsto no artigo 19.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Beneficiarios
Poderán ser beneficiarios das axudas, sen prexuízo de reunir os demais requisitos establecidos nestas bases, as persoas físicas titulares de autorizacións administrativas de transportes vixentes, documentadas en tarxetas da serie VT-N, expedidas pola Dirección Xeral de Mobilidade ou polos servizos de mobilidade competentes.

Para que xeren dereito á axuda, as autorizacións deberán axustarse ás seguintes regras:
a) As autorizacións terán que estar domiciliadas en Galicia.
b) As ditas autorizacións deberán estar vixentes no momento da presentación da solicitude.
c) Xerará dereito á axuda cada unha das autorizacións de que sexa titular o solicitante.

A axuda por vehículo será de 10.000 €.

O prazo de presentación de solicitudes comezará o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e finalizará o día 13 de outubro de 2018, agás que se produza o suposto de esgotamento previo de crédito.

Bases: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2018/20180502/AnuncioG0423-200418-0001_gl.pdf