Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar", concordas con estas condicións. Máis información

Loading...

Emprego A Estrada

Xoves, 26 Abril 2018 07:42

CONVOCAN 758 BOLSAS PARA PERSOAS VOLUNTARIAS INTERNACIONAIS

As prazas de voluntariado repartense en 33 países e  52 organizacións internacionais. Van destinadas a persoas mozas de entre 18 e 30 anos que desexen cooperar en proxectos de uns 15 días de duración.

Os campos de voluntariado internacionais organizados para este verán desenvolveranse durante os meses de xullo e agosto, teñen unha duración aproximada de 15 días, e terán lugar en distintos países de Europa, Asia, África  e América.

Os proxectos serán de varios tipos: desde rehabilitación del patrimonio histórico, medioambientais, de acción comunitaria, culturais, ou artísticos, entre outros moitos.

Para poder participar é requisito obrigatorio ser maior de 18 anos e menor de 30, e tamén é necesario posuir un nivel de inglés ou de outras linguas específicas, que permita a comunicación axeitada dos voluntarios nun entorno internacional.

Na edición deste ano os Campos de Voluntariado Internacionais terán lugar en 33 países diferentes e en todos eles participarán un total de 52 organizacións internacionais.

ENLACE AOS PROXECTOS