Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar", concordas con estas condicións. Máis información

Loading...

Emprego A Estrada

Mércores, 25 Abril 2018 08:56

PUNTO DE ATENCIÓN AO EMPRENDEDOR NA ESTRADA (P.A.E)

A lei 14/2013, de 27 de setembro, de apoio aos emprendedores e a súa internacionalización regula no seu Capítulo IV "Inicio da actividade emprendedora", no artigo 13. Os Puntos de Atención ao Emprendedor.

Os Puntos de Atención ao Emprendedor (PAE) concíbense como oficinas pertencentes a organismos públicos e privados, incluídas as notarías, así como puntos virtuais de información e tramitación telemática de solicitudes.

Os PAE encargaranse de facilitar a creación de novas empresas, o inicio efectivo da súa actividade e o seu desenvolvemento, a través da presentación de SERVIZOS de:

Información
Tramitación de documentación
Asesoramento
Formación
Apoio na financiación empresarial

Os PAE utilizarán o sistema de tramitación telemática do Centro de Información e Rede de Creación de Empresas (CIRCE), cuia sede electrónica está ubicada no Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.

Neles deberase iniciar a tramitación do Documento Único Electrónico (DUE) regulado na disposición adicional terceira do texto refundido da Lei de Sociedades de Capital, aprobado polo Real Decreton Lexislativo 1/2010, de 2 de xullo.

Tódolos trámites necesarios para a constitución de sociedades, o inicio efectivo dunha actividade económica e o seu exercizo por emprendedores, poedrán realizarse a través do Punto de Atención ao Emprendedor do Ministerio de Industria, Enxeñeiría e Turismo PUNTO DE ATENCIÓN AO EMPRENDEDOR DO MINISTERIO DE ECONOMÍA, INDUSTRIA E COMPETITIVIDADE

En dito punto poderás atopar en todo caso:

a) Toda a información e formularios necesarios para o acceso á actividade e ao seu exercizo.

b) A posibilidade de presentar toda a documentación e solicitudes necesarias.

c) A posibilidade de coñecer o estado de tramitación dos procedementos nos que teñas a condición de persoa interesada e, no seu caso, recibir a correspondente notificación dos actos de trámite preceptivos e a resolución dos mesmos polo órgano administrativo competente.

d) Toda a información sobre axudas, subvencións e outros tipos de apoio financieiros dispoñibles para a actividade económica de que se trate tanto do Estado, as Comunidades Autónomas e as Entidades Locais.

e) O resto de funcionalidades que se lle atribúan na lei e no resto do ordenamento xurídico.

Os PAE, presenciais ou electrónicos, poderán prestar todos ou algún dos servizos mencionados no apartado anterior, de acordo co establecido na disposición adicional terceira do Real Decreto Lexislativo 1/2010, de 2 de xullo, polo que se aproba o texto refundido da Lei de Sociedades de Capital.

Na Estrada dispoñemos dun PAE privado que xestiona OFELIA MATO RIBADAVIA

PAE A ESTRADA

Como organismo público podes poñerte en contacto co IGAPE

PAE IGAPE

 MAPA DE PUNTOS DE ATENCIÓN AO EMPRENDEDOR