Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar", concordas con estas condicións. Máis información

Loading...

Emprego A Estrada

Mércores, 25 Abril 2018 06:16

CONVOCATORIA DO PROGRAMA DE ADQUISICIÓN DE COMPETENCIAS PROFESIONAIS EN MATERIA DE INTERNACIONALIZACIÓN EMPRESARIAL

Instituto Galego de Promoción Económica
RESOLUCIÓN do 13 de abril de 2018 pola que se lle dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras do Programa de adquisición de competencias profesionais en materia de internacionalización empresarial, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva.

As axudas concédense en réxime de concorrencia competitiva e teñen por obxecto a convocatoria de 40 prazas para a capacitación de mozos profesionais en materia de internacionalización empresarial mediante formación práctica, coa finalidade de mellorar a empregabilidade e poñer á disposición das empresas galegas profesionais que lles axuden a mellorar a súa competitividade.

Requisito xeral:

Estar en posesión dalgunha das seguintes titulacións na data en que finaliza o prazo de presentación de solicitudes:
Universitarias (licenciatura, diplomatura, enxeñaría ou grao): Administración e Dirección de Empresas, Ciencias do Transporte e Loxística, Ciencias Económicas e Empresariais, Ciencias Empresariais, Ciencias Políticas, Comercio, Comercio Exterior, Dereito, Dirección e Creación de Empresa, Dirección de Empresas-BBA, Dirección Financeira e Contabilidade, Economía, Enxeñaría, Estatística e Empresa, Márketing e Dirección Comercial, Márketing e Investigación de Mercados, Relacións Internacionais, ou outras con distinta denominación pero de contidos similares ás citadas.

A duración inicial da bolsa establécese nun máximo de doce meses contados desde a data de comezo que para tal efecto fixe a resolución de concesión. E poderán ser prorrogadas polo Igape por un máximo de ata doce meses adicionais en función da necesidade de finalizar ou completar unha parte da formación que xa tivese comezado ou estivese a piques de comezar. En caso de prórroga a dotación incrementarase proporcionalmente
segundo a súa duración.

O importe máximo de subvención por bolseiro é de 42.000 € por un período de 12 meses ou a súa parte proporcional en función do período da bolsa.

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes a partir do día seguinte ao da publicación da resolución de convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Bases: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2018/20180425/AnuncioO92-160418-0001_gl.pdf

INSCRICIÓNS