Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar", concordas con estas condicións. Máis información

Loading...

Emprego A Estrada

Mércores, 25 Abril 2018 06:09

CONVOCATORIA DE AXUDAS PARA A FORMACIÓN NO ÁMBITO DO TRANSPORTE POR ESTRADAS

Consellería de Infraestruturas e Vivenda
ORDE do 9 de abril de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras para conceder axudas para a formación no ámbito do transporte por estrada en Galicia, e se convocan para 2018.

Entidades beneficiarias

Poderán ser beneficiarias das axudas, sen prexuízo de reunir os demais requisitos establecidos nesta orde, as asociacións profesionais de transportistas ou de empresarios de actividades auxiliares ou complementarias do transporte, ou as federacións destas, que teñan xustificado ante a Dirección Xeral de Mobilidade, con anterioridade á data de publicación desta orde, a súa representatividade no marco do sector profesional, para os efectos do regulado polo Decreto 251/1998, do 10 de setembro, polo que se crea o Comité Galego de Transporte por Estrada e se regula o Rexistro de Asociacións Profesionais de Transportistas e de Empresas de Actividades Auxiliares e Complementarias do Transporte, participen ou non, de xeito efectivo, no referido órgano de representación.

As entidades referidas terán que ter acreditada unha representatividade que lles outorgue, ou poida outorgar, polo menos, un vinte e cinco por cento dos dereitos de voto correspondentes ao ámbito provincial en que desenvolven a súa actividade ou, alternativamente, un quince por cento, no ámbito do conxunto da Comunidade Autónoma.

Prazo de presentación de solicitudes

Un mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Bases: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2018/20180425/AnuncioG0423-130418-0002_gl.pdf