Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar", concordas con estas condicións. Máis información

Loading...

Emprego A Estrada

Luns, 16 Abril 2018 12:23

BOLSAS DE XERENCIA EN COOPERATIVAS

BOLSAS DE XERENCIA EN COOPERATIVAS

Convocatoria 2018 - Destinatarias: Persoas desempregadas Programa de mellora e consolidación de cooperativas

O obxecto desta convocatoria é seleccionar a 4 persoas bolseiras, desempregadas, tituladas e formadas na área
empresarial, para incorporarse nalgunha das cooperativas beneficiarias seleccionadas, realizando prácticas, en réxime
de xerencia individual, e un proxecto de apoio e mellora xerencial na cooperativa, durante 6 meses (a bolsa exixe ter
disponibilidade, porque require dunha adicación continua e presencial).
A finalidade do programa é dobre, mellorar as condicións nas que as cooperativas abordan a función xerencial,
dirixida a consolidar procesos de mellora e tamén fomentar o emprego mellorando a capacitación das persoas mediante
un proceso de iniciación profesional nas cooperativas.

O prazo para inscribirse abrangue do 13 ao 23 de abril de 2018.

 

Ligazón: http://espazo.coop/wp-content/uploads/2018/04/CRECES-18_Convocatoria_BolsasES_Desempregadxs.pdf?_mrMailingList=372&_mrSubscriber=3424