Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar", concordas con estas condicións. Máis información

Loading...

Emprego A Estrada

Mércores, 04 Abril 2018 08:38

PROGRAMA REACCIONA

As empresas interesadas en acollerse en 2018 a vixente oferta de diagnósticos integrais e servizos avanzados para facilitar a mellora da competitividade das pemes galegas convocada pola Consellería de Economía e Industria, a través do Igape e no marco do Programa Reacciona, poden solicitalo ata o próximo 25 de maio.

Contando con cofinanciamento do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER), o programa ReAcciona do Igape ten como obxectivo prioritario incrementar as competencias dos xestores das empresas, para que as melloras introducidas na xestión poidan ter carácter permanente.

Esta iniciativa pon a disposición das pemes un conxunto amplo de servizos para facilitar a implantación de proxectos de mellora en ámbitos como a optimización do financiamento, o relanzamento comercial, a estratexia ou os procesos de produción, na procura dun impacto positivo global nas compañías.

EXPERIENCIAS

SOLICITUDES

Máis información: 900 81 51 51