Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar", concordas con estas condicións. Máis información

Loading...

Emprego A Estrada

Martes, 20 Marzo 2018 12:41

ABERTA CONVOCATORIA PARA SOLICITAR AS BOLSAS ROBERT SCHUMAN PARA FACER PRÁCTICAS NO PARLAMENTO EUROPEO

O Parlamento Europeo acaba de abrir unha nova convocatoria de prácticas de cinco meses de duración para que as persoas  tituladas universitarias amplíen os conñecementos adquiridos sobre a Unión Europea.

Dentro delas destacan as Bolsas Robert Schuman, que están dirixidas a titulados/as universitarios/as co fin de que poidan complementar os coñecementos adquiridos durante a súa etapa educativa, sobre todo, en relación ao Parlamento Europeo e a actividade que se desenvolve nel.

Unha experiencia práctica, que se realiza durante cinco meses, e dentro da que cada ano se seleccionan ao redor de 600 persoas de entre todas as persoas solicitantes.

Estas bolsas contan con varios prazos de inscrición, que se van a ir abrindo ao longo do ano. Agora, acabase de habilitar un novo prazo para optar a estas prácticas, que se poden solicitar ata o 15 de maio para empezar as prácticas o próximo mes de outubro.

O período de realización é do 1 de outubro de 2018 ao 28 de febreiro de 2019. Durante as prácticas, a persoa bolseira poderá ser enviada a calquera dos lugares de traballo do Parlamento Europeo, xa sexa Bruselas, Luxemburgo ou Estrasburgo. 

BASES