Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar", concordas con estas condicións. Máis información

Loading...

Emprego A Estrada

Martes, 27 Febreiro 2018 08:00

BOLSA DE FORMACIÓN NA ESCOLA GALEGA DE CONSUMO PARA O ANO 2018.

A bolsa de formación na Escola Galega do Consumo ten como obxectivo contribuír áformación titorial de profesionais no campo da docencia e o seu ámbito.

Requisitos da persoa beneficiaria:
Poderán optar á concesión desta bolsa as persoas que reúnan os seguintes requisitos, que deberán posuír no momento de rematar o prazo de presentación de solicitudes:
a) Ter nacionalidade española ou ser nacional de calquera Estado membro da Unión Europea, así como estar domiciliado/a na Comunidade Autónoma de Galicia.
b) Acreditar un coñecemento da lingua galega no nivel de perfeccionamento ou Celga 4. Só se lles concederá validez ás titulacións ou aos cursos homologados polos órganos competentes en materia de política lingüística.
c) Estar en posesión dalgunha das seguintes titulacións universitarias de licenciatura ou de grao: Maxisterio; Ciencias da Educación, especialidade de Educación Infantil, Primaria e Social; Pedagoxía; Psicoloxía; Socioloxía, ou equivalentes. A persoa solicitante deberá estar en posesión do correspondente título ou acreditar o pagamento dos dereitos para a súa expedición ao remate do prazo de presentación de solicitudes, e ter finalizado os estudos conducentes para a súa obtención no ano 2007 ou posterior. Os títulos obtidos no estranxeiro ou en centros españois non estatais deberán estar homologados ou recoñecidos e producir plenos efectos xurídicos na data de presentación da solicitude.
d) Non desfrutar de calquera outra bolsa ou axuda, salvo o subsidio por desemprego.
e) Non ter emprego remunerado nin percibir a prestación por desemprego.
f) Non padecer ningunha enfermidade nin limitación física ou psíquica que imposibilite o cumprimento das súas obrigas como bolseiro/a.
g) Non ter sido beneficiario/a desta mesma bolsa en convocatorias anteriores por un tempo superior a catro meses.
h) Non incorrer en ningunha das circunstancias previstas no artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.
i) Non incorrer en ningunha clase de inhabilitación para a obtención de axudas previstas no artigo 10.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
j) Estar ao día no pagamento de obrigas por reintegro de subvencións, conforme o artigo 10.2.g) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e o artigo 9 do Regulamento de subvencións de Galicia, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Prazo de presentación das solicitudes: Ata o 27 de marzo de 2018.
Ligazón: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2018/20180227/AnuncioG0482-190218-0003_gl.pdf