Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar", concordas con estas condicións. Máis información

Loading...

Emprego A Estrada

Martes, 27 Febreiro 2018 07:47

BOLSA DE FORMACIÓN PARA O PROGRAMA DE TRABALLO DO CONSELLO GALEGO DE CONSUMIDORES E USUARIOS PARA O ANO 2018

Bases polas que se rexerá a concesión dunha bolsa de formación no Instituto Galego do Consumo e da Competencia da Comunidade Autónoma de Galicia

Requisitos da persoa beneficiaria:
Poderán optar á concesión desta bolsa as persoas que reúnan os seguintes requisitos, que deberán posuír no momento de rematar o prazo de presentación de solicitudes:
a) Ter nacionalidade española ou ser nacional de calquera Estado membro da Unión Europea, así como estar domiciliado/a na Comunidade Autónoma de Galicia.
b) Acreditar un coñecemento da lingua galega no nivel de perfeccionamento ou Celga 4. Só se lles concederá validez ás titulacións ou aos cursos homologados polos órganos competentes
en materia de política lingüística.
c) Estar en posesión dun título universitario de licenciado/a ou de graduado/a, en Dereito. A persoa solicitante deberá estar en posesión do título ou acreditar o pagamento dos dereitos para a súa expedición ao remate do prazo de presentación de solicitudes e ter rematado os estudos conducentes a el no ano 2007 ou posterior. Os títulos obtidos no estranxeiro
ou en centros españois non estatais deberán estar homologados ou recoñecidos e producir plenos efectos xurídicos na data de presentación da solicitude.
d) Non gozar na actualidade de calquera outra bolsa ou axuda, salvo o subsidio por desemprego.
e) Non ter sido beneficiario/a desta mesma bolsa en convocatorias anteriores por un tempo superior a 4 meses.
f) Non ter emprego remunerado nin percibir a prestación por desemprego.
g) Non padecer ningunha enfermidade nin limitación física ou psíquica que imposibilite o cumprimento das súas obrigas como bolseiro/a.
h) Non incorrer en ningunha das circunstancias previstas no artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.
i) Non incorrer en ningunha clase de inhabilitación para a obtención de axudas previstas no artigo 10.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
j) Estar ao día no pagamento de obrigas por reintegro de subvencións, conforme o artigo 10.2.g) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e o artigo 9 do Regulamento de subvencións de Galicia, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Prazo de presentación das solicitudes: Ata o 27 de marzo de 2018.
Ligazón: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2018/20180227/AnuncioG0482-190218-0001_gl.pdf