Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar", concordas con estas condicións. Máis información

Loading...

Emprego A Estrada

Venres, 23 Febreiro 2018 07:13

CONVOCAN OITO BOLSAS DE FORMACIÓN EN MATERIA DE PATRIMONIO GALEGO

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria
ORDE do 5 de febreiro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan bolsas de formación en materia de patrimonio moble galego.

O persoal bolseiro realizará a súa actividade en diversos museos propios e xestionados pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Serán tutelados, dirixidos e coordenados polos servizos técnicos da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural.

Persoas beneficiarias
Poderán ser persoas beneficiarias destas bolsas os/as solicitantes que cumpran os seguintes requisitos:
1. a) Solicitantes de bolsas de documentación de fondos de patrimonio moble:
– Licenciatura universitaria ou equivalente, segundo o Espazo Europeo de Educación Superior, con formación académica nalgunha das materias que se relacionan a seguir:
• Historia ou Antropoloxía.
• Historia da arte.
• Arqueoloxía.

b) Solicitantes de bolsas de restauración de fondos de museos e coleccións visitables de Galicia:
– Diplomatura universitaria en Conservación e Restauración de Bens Culturais ou equivalente, nas especialidades de:
• Arqueoloxía.
• Pintura ou Escultura.

As bolsas terán unha duración máxima de seis (6) meses, contados a partir da data de incorporación que estableza a Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria de acordo co centro de destino.

O importe de cada bolsa será de cinco mil setecentos cincuenta euros (5.750 €).

Prazo de presentación de solicitudes:
Un mes desde o día seguinte ao da publicación deste extracto no Diario Oficial de Galicia.

Orde: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2018/20180223/AnuncioG0164-140218-0001_gl.pdf