Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar", concordas con estas condicións. Máis información

Loading...

Emprego A Estrada

Xoves, 22 Febreiro 2018 13:09

SOCIEDADES SEN PERSONALIDADE XURÍDICA

  • SOCIEDADE CIVIL
  • COMUNIDADE DE BENS

 

SOCIEDADE CIVIL

A Sociedade Civil é un contrato polo cal dúas ou máis persoas se obrigan a poñer en común cartos, bens ou industria, con ánimo de partir entre sí as ganancias, e sen personalidade xurídica propia.

As sociedades civís con pacto segredo entre os seus membros e nas que as actuacións das persoas socias son individuais frente a terceiros, non teñen personalidade xurídica.

As sociedades civís non están suxeitas a formalización, salvo aportación de bens inmobles ou dereitos reais, en cuio caso será necesaria escritura pública.

As sociedades civís con pactos públicos entre os/as seus/súas socios/as constitúense mediante escritura pública outorgada ante notario e inscrición no Rexistro Mercantil.


As sociedades civís regúlanse nos artigos de 1665 ao 1708 do  código civil

TIPOS:

  • SOCIEDADE CIVIL PARTICULAR: Ten por obxeto cousas determinadas, ou os seus froitos, ou unha empresa sinalada, ou o exercizo dunha profesión ou arte.
  • SOCIEDADE UNIVERSAL: De dous tipos:

1) SOCIEDADE UNIVERSAL DE TÓDOLOS BENS PRESENTES. Pasan a ser propiedade común dos bens presentes de tódolos/as socios/as, así como, as ganancias que adquiran con eles. Non se poden incluir os bens adquiridos posteriormente por herdanza, legado ou doazón, pero sí os seus froitos.

2) SOCIEDADE UNIVERSAL DE TÓDALAS GANANCIAS. Comprende todo o que adquiran as persoas socias pola súa industria ou traballo mentres dure a sociedade. Os bens e inmobles que cada socio/a posúa ao tempo de celebración do contrato, continúan sendo de dominio particular, pasando só á sociedade o usufructo.

 

  • FORMALIZACIÓN:

SOCIEDADE CIVIL PÚBLICA: Constitúese mediante documento público ante notario, o que lle confire personalidade xurídica.

SOCIEDADE CIVIL PRIVADA: Constitúese mediante documento privado entre as partes. Non ten personalidade xurídica.

 

CARACTERÍSTICAS:

  • Debe ter un obxeto lícito.
  • Ha de establecerse en interese común das persoas socias.
  • A sociedade comeza dende que se celebra o contrato.
  • A sociedade dura polo tempo convido, salvo pacto en contrario.
  • As persoas socias poden ser capitalistas ou industriais, sendo as primeiras as que aportan os bens ou cartos, e as segundas as que realizan para a sociedade unha aportación de traballo ou industria.

 

CONSTITUCIÓN:

Consitúese mediante documento privado. Sen embargo cando se aporten bens inmobles ou dereitos reais é necesaria a constitución por escritura pública.

Estas sociedades non teñen personalidade xurídica. Podendo os pactos ser segredos entre os seus membros e por ende, as súas actuacións son individuais frente a terceiros.

 

DEREITOS E OBRIGAS DAS PERSOAS SOCIAS:

  • Cada persoa socia achega á sociedade o que prometeu como aportación, sendo responsable en canto á realidade e características do aportado. Cando a aportación consiste nunha suma de cartos, devénganse intereses dende o día en que a persoa socia debeu aportalos e non o fixo, sen perxuízo da indemnización por danos que porceda.
  • Toda persoa socia responde ante a sociedade polos danos e perxuízos que ésta sufra pola súa culpa.
  • A sociedade responde a toda persoa socia das cantidades desembolsadas por ela e do interese correspondente, así como das obrigas que de boa fé teña contraído para os negocios sociais e dos riscos inseparables da súa dirección.
  • A sociedade queda obrigada con terceiros polos actos de unha das persoas socias cando ésta:

                  - Obre como tal, por conta da sociedade.
                  - Teña poder para obrigar á sociedade.
                  - Obre dentro dos límites do seu poder ou mandato.

  • As perdas e ganacias repártense segundo o pactado. Se só se pactou a parte de cada unha nas ganancias, será igual a súa parte nas perdas.
  • É nulo o pacto que exclúe a unha ou máis persoas socias de toda parte nas ganancias ou nas perdas.
  • As persoas socias quedan obrigadas solidariamente das débedas da sociedade.
  • Os/as acreedores/as da sociedade son preferentes aos de cada persoa socia sobre os bens sociais.

 

ADMINISTRACIÓN DA SOCIEDADE CIVIL

A administración da Sociedade Civil está encargada ás propias persoas socias, que poden prever no contrato da sociedade diversas formas de administración:

 

  • ADMINISTRADOR ÚNICO: Pode exercer todos os actos administrativos a pesar da oposición dos/as seus/súas compañeiros/as, a non ser que proceda de mala fé. Se foi nomeado/a no contrato social, o seu poder é irrevocable salvo que ocorra causa lexítima. Se foi nomeado/a con posterioridade, pode revocarse en calquera momento.
  • ADMINISTRADORES MANCOMUNADOS: Se a administración é confiada a dúas ou máis persoas socias e se deixou estipulado que éstas non poden obrar unhas sen o consentimento das outras, é necesario o concurso de todos/as para a validez dos actos.
  • ADMINISTRADORES SOLIDARIOS: Se a administración se confía a dúas ou máis persoas socias e non se establecen as súas funcions nin se establece un réxime de actuación mancomunada, cada unha pode exercer todos os actos de administración separadamente, pero calquera delas pode opoñerse as operacións de outra antes de que éstas teñan producido efecto legal.

SE NO CONTRATO NON SE ESTABLECEU MODO ALGÚN DE ADMINISTRAR, HAN DE SER OBSERVADAS AS SEGUINTES NORMAS:

 

  • Todas as persoas socias se consideran apoderadas e o que cada unha faga por sí obriga á sociedade, pero cada unha pode opoñerse ás operacións das demáis antes de que produzan efecto legal.
  • Cada persoa socia pode servirse das couasas que compoñen o fondo social, segundo a costume do lugar, sempre que non o faga en contra do interese da sociedadae ou impedindo o dereito de uso das demáis persoas socias.
  • Toda persoa socia pode obrigar ás demáis a sufragar con ela os gastos necesarios para a conservación dos bens comúns.
  • Ningunha persoa socia pode sen consentimento das demáis, modificar os inmobles en común.

 

TRIBUTACIÓN:

As sociedades civís tributan a través do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas (IRPF). A partires do 1 de xaneiro de 2016 as sociedades civís con obxeto mercantil tributan no Imposto sobre Sociedades .

MÁIS INFORMACIÓN

COMUNIDADE DE BENS

Existe Comunidade de Bens cando a propiedade dunha cousa ou dun dereito pertence proindiviso a varias persoas. A existencia dese ben en común será esencial para a xeración e repartos de froitos económicos.

REGULACIÓN

Réxense polo Código Civil, no seu artigo 392

 

CARACTERÍSTICAS:

  • Non teñen personalidade xurídica propia.
  • Non hai esixencia dunha aportación mínima obrigatoria á comunidade.
  • O mantemento da comunidade é voluntario, de maneira que calquera dos/as comuneiros/as pode pedir a división da cousa común.
  • Frente a terceiros responderá a comunidade con tódolos seus bens e se estos non fosen suficientes, responderán os/as comuneiros/as co seu patrimonio persoal.
  • Como mínimo fan faltan dúas persoas para constituir a comunidade de bens.

 

CONSTITUCIÓN:

A súa constitución é rápida e sinxela, mediante documento privado, só será necesaria a escritura pública canso se aporten bens inmobles.


TRÁMITES DA COMUNIDADE DE BENS:

  • Contrato de constitución da comunidade.
  • Solicitude de CIF, presentación de alta no censo por medio do impreso 036 e alta no Imposto de Actividades Económicas. En principio fai falta un alta en este Imposto distinto por cada actividade e por cada local aberto.
  • Alta na Seguridade Social, tendo en conta que:

- As persoas traballadoras por conta allea dunha comunidade de bens deben darse de alta na Seguridade Social no Réxime Xeral, non así os/as comuneiros/as que aporten traballo á comunidade, que deben darse de alta no Réxime Especial de Traballadores Autónomos. As persoas que aportan só capital non se computan como traballadores/as e polo tanto non deberán darse de alta.

- Se ben sinalar que sempre polo menos unha delas deberá estar dada de alta salvo no caso que se contrate un/ha xerente por conta allea.


TRIBUTACIÓN:

As comunidades de bens son recoñecidas no artigo 33 da Lei Xeral Tributaria como entes sen personalidade xurídica, pero con capacidade de obrar no tráfico xurídico e polo tanto suxeitos pasivos sometidos, no seu caso a tributación.

As comunidades de bens tributarán polo seguinte concepto:

  • Imposto sobre a Renda: As comunidades de bens non tributan polo imposto de sociedades. Os rendimentos obtidos por unha comunidade de bens nas súas actividades serán imputados aos/ás comuneiros/as como rendementos de actividades empresariais e polo tanto están suxeitos ao IRPF. En canto aos pagos fraccionados, dicir que deben facelos trimestralmente, utilizando para ilo o impreso normalizado correspondente.
  • Imposto de transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados. Á constitución da comunidade hai que liquidar o imposto, debendo cubrir o model 600. Este imposto tributará ao 1% sobre o capital aportado no contrato. Non obstante, na actualidade está exento segundo o establecido no artigo 3 do RDL 13/2010

MÁIS INFORMACIÓN