Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar", concordas con estas condicións. Máis información

Loading...

Emprego A Estrada

Xoves, 22 Febreiro 2018 07:15

PARLAMENTO DE GALICIA CONVOCA OITO BOLSAS DE FORMACIÓN PRÁCTICA

RESOLUCIÓN do 14 de febreiro de 2018 pola que se anuncia a convocatoria para a concesión de diversas bolsas para a formación práctica.

A Mesa do Parlamento de Galicia, na sesión do 5 de febreiro de 2018, acordou aprobar as bases das convocatorias para a concesión das seguintes bolsas relacionadas coa actividade da institución:

a) Dúas bolsas de formación en arquivo, biblioteca e documentación.
b) Unha bolsa de formación en comunicación institucional.
c) Dúas bolsas de formación en publicacións.
d) Unha bolsa de formación en recursos técnicos e contratación.
e) Unha bolsa de formación en xestión parlamentaria.

E unha bolsa de formación de asistencia administrativa e servizos comúns para persoas con discapacidade intelectual.

As bases estarán dispoñibles no Boletín Oficial do Parlamento de Galicia e na páxina web do Parlamento de Galicia (http://www.parlamentodegalicia.gal/ ).

http://www.parlamentodegalicia.gal/sitios/web/BibliotecaOposicionesConcursos/Convocatoria_Bolsas_2018_bopg_258_12_febreiro.pdf

As solicitudes poderán presentarse no prazo de quince (15) días naturais contados desde o seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Anuncio DOG: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2018/20180222/AnuncioO900-150218-0001_gl.pdf