Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar", concordas con estas condicións. Máis información

Loading...

Emprego A Estrada

Martes, 20 Febreiro 2018 11:01

PERSOAS FÍSICAS: EMPRESARIO INDIVIDUAL/AUTÓNOMO --- EMPRENDEDOR DE RESPONSABILIDADE LIMITADA (ERL)

  • EMPRESARIO INDIVIDUAL/AUTÓNOMO
  • EMPRENDEDOR DE RESPONSABILIDDE LIMITADA

 

EMPRESARIO INDIVIDUAL/AUTÓNOMO

O empresario individual éunha persoa física que realiza en nome propio e por medio dunha empresa, unha actividade comercial, industrial ou profesional.

REQUISITOS:
Para ser empresario é necesario:

Non obstante, os menores de dezaoito anos e os incapacitados poderán continuar, por medio dos seus titores, o comercio que hubesen exercido os seus pais. En caso de incapacidade legal para comerciar por parte do titor, ou se éste tivese algunha incompatibilidade, deberán nomear un ou máis titores que reúnan as condicións legais, quens o suplirán no exercizo do comercio.

Esta figura implica o control total da empresa por parte do propietario, que dirixe persoalmente a súa xestión e responde das débedas contraídas frente a terceiros con todos os seus bens, non existindo diferencia entre o seu patrimonio mercantil eo seu patrimonio civil.

É por isto, que temos que deixar claro, que no caso do exercizio do comercio por unha persoa casada hai que ter en conta que quedarán afectados ao mesmo os bens do comerciante e os adquiridos como consecuencia da actividade comercial desenvolvida, e de non existir oposición por parte do outro, os bens comúns de ambos, que poderán enaxenarse e hipotecarse.

Os bens propios do cónxuxe non comerciante só poderán obrigarse co consentimento do mesmo. A oposición ao exercizo do comercio por parte do cónxuxe non comerciante deberá facerse constar na escritura pública inscrita no Rexistro Mercantil, onde así mesmo, deberán rexistrarse as capitulacións matrimoniais en caso de existir.

A elección desta forma xurídica xustificarase por motivos fiscais e de simplicidade na constitución e obrigas formais, se ben hai que constatar que todo o patrimonio do empresario queda suxeito aos resultados do seu negocio.

CONSTITUCIÓN
Non existe polo tanto, ningún trámite previo que condicione a adquisición do carácter de empresario individual ou autónomo, se ben a persoa que desexe constituirse como tal deberá reunir os seguintes requisitos xurídicos:

  1. Capacidad legal para o xercizo do comercio ( ser maior de 18 anos, salvo as salvedas sinaladas anteriormente).
  2. Habitualidade no exercizo do comercio.
  3. Exercizo en nome propio.

Os empresarios individuis non están obrigados a inscribirse no Rexistro Mercantil, aínda que poden facelo se o desexan.


Os empresarios individuais tributan a través do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas (IRPF).

INFORMACIÓN DETALLADA PARA A CONSTITUCIÓN

2.- EMPRENDEDOR DE RESPONSABILIDADE LIMITADA

O emprendedor de responsabilidade limitada defínese como aquela persoa física que realiza en nome propio e por medio dunha empresa, unha actividade comercial, industrial ou profesional.

Caracterízase por excluir da responsabilidade por débedas que teñan orixe na actividade económica (empresarial ou profesional), a vivenda habitual do emprendedor, sempre que se reúnan determinados requisitos. Está regulado na  Lei 14/2013, de 27 de setembro, de apoio aos emprendedores e a súa internacionalización

REQUISITOS:
Para ser empresario é necesario:

  • Ser maior de idade.
  • Ter plena dispoñibilidade dos seus bens, (art. 4 do Código de Comercio).

Non obstante, os menores de dezaoito anos e os incapacitados poderán continuar, por medio dos seus titores, o comercio que hubesen exercido os seus pais. En caso de incapacidade legal para comerciar por parte do titor, ou se éste tivese algunha incompatibilidade, deberán nomear un ou máis titores que reúnan as condicións legais, quens o suplirán no exercizo do comercio.

Esta figura implica que dito empresario responde das débedas contraídas frente a terceiros con todos os seus bens, salvo coa súa vivenda habitual sempre que ésta non teña un valor superior a 300.000 euros, valorada conforme ao disposto na base impoñible do Imposto sobre Transmisións Patrimoniais e Actos Xurídicos no momento da isncrición no Rexistro Mercantil. No caso de vivendas situadas en poboación de maáis de 1.000.000 de habitantes aplicarase un coeficiente do 1,5 ao valor do parágrafo anterior (450.000€).

PROCEDEMENTO DE CONSTITUCIÓN:

  • Acta notarial
  • Consellería de Facenda da CCAA: Liquidación do imposto sobre transmisión patrimoniais e actos xurídicos documentados
  • Rexistro mercantil provencial: voluntario

Para adquirir a condición de emprendedor/a individual de responsabilidade limitada deberanse de formalizar os seguintes trámites:

1) A persoa emprendedora deberá comparecer ante notario para declarar formalmente a súa vontade de adquirir a condición de empresario de responsabilidade limitada (ERL), indicando a actividade económica que vai exercer e a identificación da súa vivenda habitual que qedará excluída ante a débeda con terceiros. Igualmente resulta válido a cumprimentación dunha instancia con sinatura electrónica do autónomo e a súa presentación telemática no Rexistro Mercantil para a súa inscrición.

2) Inscrición da acta notarial ou a instancia asina electrónicamente no Rexistro Mercantil do domicilio do autónomo.

3) Inscrición no Rexistro da Propiedade correspondente, a constancia no asento de inscrición da vivenda habitual do autónomo de que a mesma pertence á unha ERL. Normalmente este trámite é realizado polo propio Rexistro Mercantil.

Unha vez inscrito, deberá facer constar en toda a súa documentación con expresión dos datos rexistrais, a súa condición de “Empresario de Responsabilidade Limitada” ou mediante a adicción ao seu nome, apelidos e datos de identificación fiscal das siglas ERL.

Así mesmo, deberá formular e, no seu caso, someter a auditoría as contas anuais correspondentes á súa actividade empresarial ou profesional de conformidade co previsto para as sociedades unipersoais de responsabilidade limitada. Igualmente o empresario deberá depositar as súas contas anuais no Rexistro Mercantil.

Non obstante, aqueles/as empresarios/as que opten pola figura do Emprendedor de Responsabilidade Limitada e que tributen polo réxime de estimación obxetiva, poderán dar cumprimento ás obrigas contables e de depósito de contas mediante o cumprimento dos deberes formais establecidos no seu réxime fiscal e mediante o depósito dun modelo estandarizado de doble propósito, fiscal e mercantil.

No caso de que algún ano o emrpesario non deposite as súas contas dentro dos prazos establecidos ( sete meses dende o cerre do exercizo social), perderá a condición de ERL a partir da finalización de dito prazo, se ben recuperará o beneficio no momento da presentación de ditas contas.

Os/as empresarios/as individuais tributan a través do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas (IRPF).

INFORMACIÓN DETALLADA PARA A CONSTITUCIÓN