Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar", concordas con estas condicións. Máis información

Loading...

Emprego A Estrada

Martes, 13 Febreiro 2018 09:10

MEDIDAS DE FOMENTO E PROMOCIÓN DO TRABALLO AUTÓNOMO

Lei 6/2017, de 24 de outubro, de Reformas Urxentes do Traballo Autónomo

TÍTULO II
MEDIDAS DE FOMENTO E PROMOCIÓN DO TRABALLO AUTÓNOMO

Artígo 3.- EXTENSIÓN DA CUOTA REDUCIDA PARA OS/AS AUTÓNOMOS QUE EMPRENDAN OU REEMPRENDAN UNHA ACTIVIDADE POR CONTA PROPIA

Reduccións e bonificacións das cuotas da Seguridade Social aplicables ás persoas traballadoras por conta propia:

1.- As persoas traballadoras por conta propia que causen alta inicial ou que non huberan estado en situación de alta nos 2 anos inmediatamente anteriores, a contar dende a data de efectos de alta, no Réxime Especial da Seguridade Social para os traballadores por conta propia ou autónomos, terán dereito a unha reducción na cotización por continxencias comúns, incluída a incapacidade temporal, que quedará fixada en 50€ mensuais durante os 12 primeiros meses inmediantamente seguintes á data de efectos da alta, no caso de que opten por cotizar pola base mínima que lles corresponda.

No caso de que o/a autónomo opte por unha base de cotización superior á mínima que lle corresponda, poderá aplicarselle durante os 12 primeiros meses inmediatamente seguintes á data de efectos de alta, unha reducción do 80% sobre a cuota por continxencias comúns, sendo a cuota a reducir a resultante de aplicar á base mínima de cotización que corresponda o tipo mínimo de cotización vixente en cada momento, incluida a incapacidade temporal.

En ámbolos dous casos, pasados 12 meses, as persoas autónomas poderán aplicar as seguintes reduccións e bonificacións sobre a cuota por continxencias comúns, sendo a cuota a reducir ou bonificar a resultante de aplicar á base mínima de cotización que corresponda o tipo mínimo de cotización vixente en cada momento, incluida a incapacidade temporal, por un período máximo de ata 12 meses, ata completar un período máximo de 24 meses trala data de efectos de alta, segundo a seguinte escala:

- Reducción equivalente ao 50% da cuota durante os 6 meses seguintes ao período inicial para ambos casos.
- Reducción do 30% da cuota para os tres meses seguintes.
- Bonificación equivalente ao 30% da cuota durante os 3 meses seguintes.

* No suposto de que a data a efectos da alta non coincida co primeiro día do respectivo mes natural, o beneficio correspondente a dito mes aplicarase de forma proporcional ao número de días de alta no mesmo.

2.- TRABALLADORES/AS POR CONTA PROPIA MENORES DE 30 ANOS OU MENORES DE 35 NO CASO DAS MULLERES, que causen alta inicial ou non tiveran estado en situación de alta nos 2 anos inmediatamente anteriores, a contar dende a data de efectos da alta, no Réxime Especial da Seguridade Social dos Traballadores por Conta Propia ou Autónomos, poderán aplicar ademáis das reduccións e bonificacións previstas no apartado anterior, unha bonificación adicional do 30%, sobre a cuota por continxencias comúns, nos 12 meses seguintes ao de finalización do período de bonificación previsto no apartado 1, sendo a cuota a bonificar a resultante de aplicar á base mínima de cotización que corresponda o tipo mínimo de cotización vixente en cda momento, incluída a incapacidade temporal. Neste suposto a reducción máxima das reduccións e bonificacións será de 36 meses.

* No suposto de que a data a efectos da alta non coincida co primeiro día do respectivo mes natural, o beneficio correspondente a dito mes aplicarase de forma proporcional ao número de días de alta no mesmo.

3.- No caso de REEMPRENDER unha actividade o período esixido en relación ao tempo anterior o causante da alta será de 3 anos cando as persoas traballadoras autónomoas hubesen disfrutado de ditos beneficios no seu anterior período de alta no Réxime Especial da Seguridade Social dos Traballadores por Conta Propia ou Autónomos.

6.- Todos estos beneficios manteranse aínda que a persoa beneficiaria emplee a traballadores por conta allea.

8.- As persoas traballadoras por conta propia ou autónomas inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil beneficiaranse dos incentivos previstos no apartado 1 e terán dereito así mesmo á bonificación adicional contemplada no apartado 2.

ARTIGO 4.- BENEFCIOS NA COTIZACIÓN PARA PERSOAS CON DISCAPACIDADE, VÍTIMAS DE VIOLENCIA DE XÉNERO E VÍTIMAS DE TERRORISMO QUE EMPRENDAN OU REEEMPRENDAN UNHA ACTIVIDADE POR CONTA PROPIA.

1.- A cuota por continxencias comúns, incluída a incapacidade temporal, das persoas cun grao de discapacidade igual ou superior ao 33%, as vítimas de violencia de xénero e as vítimas de terrorismo, que causen alta inicial ou que non hubesen estado en situación de alta nos 2 anos inmediatamente anteriores ( na Lei 20/2007, de 11 de xullo, do Estatuto do Traballo Autónomo este período era de 5 anos), a contar desde a data de efectos de alta, no Réxime Especial da Seguridade Social dos Traballadores por Conta Propia ou Autónomos, reducirase á cuantía de 50 euros mensuais durante os 12 primeiros meses inmediatamente seguintes á data de efectos de alta, no caso de que opten por cotizar pola base mínima que lles corresponda.

Alternativamente, aquelas persoas traballadoras por conta propia ou autónomas, que cumprindo os requisitos previstos no parágrafo anterior, optasen por unha base de cotización superior á mínima que lles corresponda, poderán aplicar durante os 12 primeiros meses inmediatamente seguintes á data de efectos da alta, unha reducción sobre a cuota por continxencias comúns, sendo dita cuota a reducir dun 80% do resultado de aplicar á base mínima de cotización que corresponda o tipo mínimo de cotización vixente en cada momento, incluída a incapacidade temporal.

Con posterioridade ao período inicial de 12 meses e con independencia da base de cotización elexida, as persoas traballadoras por conta propia que disfruten da medida prevista neste artigo poderán aplicarse unha bonificaión sobre a cuota por continxencias comúns, sendo a cuota a bonificar o 50% do resultado de aplicar á base mínima de cotización que corresponda o tipo mínimo de cotización vixente en cada momento, incluída a incapacidade temporal, por un período máximo de ata 48 meses, ata conmpletar un período máximo de 5 anos desde a data de efectos de alta.

2.- O período de baixa no Réxime Especial da Seguridade Social dos Traballadores por Conta Propia ou Autónomos, esixido no apartado anterior para ter dereito aos beneficios na cotización nel previstos no caso de reemprender unha actividade por conta propia, será de 3 anos cando as persoas traballadoras autónomas hubesen disfrutado de ditos beneficios no seu anterior período de alta no citado réxime especial.

3.- No suposto de que a data de efectos das altas a que se refire o apartado 1 non coincidise co primeiro día do respectivo mes natural, o beneficio correspondente a dito mes será aplicado de forma proporcional ao número de días de alta no mesmo.

4.- (***)

5.- O previsto neste artigo será de aplicación aínda cando os beneficiarios desta medida, unha vez iniciada a súa actividade, empreguen a traballadores por conta allea.

5.- (***)