Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar", concordas con estas condicións. Máis información

Loading...

Emprego A Estrada

Venres, 09 Febreiro 2018 11:18

MEDIDAS PARA FACILITAR A COTIZACIÓN Á SEGURIDADE SOCIAL E PARA REDUCIR AS CARGAS ADMINISTRATIVAS DAS PERSOAS TRABALLADORAS POR CONTA PROPIA (AUTÓNOMOS)

Lei 6/2017, de 24 de outubro, de reformas Urxentes do Traballo Autónomo

TÍTULO I
MEDIDAS PARA FACILITAR A COTIZACIÓN Á SEGURIDADE SOCIAL E PARA REDUCIR AS CARGAS ADMINISTRATIVAS DAS PERSOAS TRABALLADORAS AUTÓNOMAS.

Artigo 1.- NOVO RÉXIME DE RECARGOS POR INGRESO FÓRA DE PRAZO

Coa nova lei o recargo pasa do 20% da débeda ao 10%, se as mesmas son aboadas dentro do primeiro mes natural seguinte ao de vencemento de prazo para o seu ingreso ( sempre que os suxeitos responsables do pago hubesen cumprido dentro do prazo de obrigas establecidas nos apartados 1 e 2 do artigo 29 do Real Decreto Lexislativo 8/2015, de 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei Xeral da Seguridade Social.

Se as cuotas debidas son aboadas a partir do segundo mes natural seguinte ao de vencimento de prazo para ingreso o recargo pasa do 35% ao 20% da débeda.

Artigo 2.- COTIZACIÓN EN SUPOSTOS DE PLURIACTIVIDADE

As persoas traballadoras autónomas, que en razón dun traballo por conta allea desenvolvido simultaneamente, coticen por continxencias comúns en réxime de pluriactividade, terán dereito ao reintegro do 50% do exceso nas suas cotizacións que superen a cuantía establecida a tal efecto pola Lei de Presupostos Xerais para cada exercizo co tope do 50% das cuotas ingresadas neste réxime especial, en razón da súa cotización polas continxencias comúns de cobertura obrigatoria.

Cando a alta inicial no Réxime Especial dos Traballadores por conta propia ou autónomos dea lugar a unha situación de pluriactividade aplicaranse as seguintes regras de cotización:

1.- As persoas traballadoras que causen alta por primeira vez neste réxime especial e que con motivo disto inicien unha situación de pluriactividade poderán elexir como base de cotización nese momento, a comprendida entre o 50% da base mínima de cotización establecida anualmente con carácter xeral na Lai de Presupostos Xerais do Estado durante os primeiros 18 meses, e o 75% nos seguintes 18 meses, ata as bases máximas establecidas para este réxime especial.

2.- Para os casos de pluriactividade nos que a actividade laboral por conta allea sexa a tempo parcial cunha xornada a partir do 50% da correspondente a un traballador con xornada completa comparable, poderá elexirse no momento da alta, como base de cotización a comprendida entre o 75% da base mínima establecida anualmente con carácter xeral na Lai de Presupostos Xerais do Estado durante os 18 primeiros meses, e o 85% durante os seguintes 18 meses, ata as bases máximas establecidas para este réxime especial.