Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar", concordas con estas condicións. Máis información

Loading...

Emprego A Estrada

Martes, 06 Febreiro 2018 12:43

PROGRAMA INTERNACIONAL DE BOLSAS IBERDROLA PARA ESTUDOS DE MÁSTER 2018/2019

Arranca a edición 2018/19 do Programa Internacional de Bolsas, dirixido ás/aos alumnas/os de último ano de carreira ou recén graduadas/os que desexen prolongar a súa formación nas mellores universidades do mundo.

O  Programa, cuio prazo de inscrición termina o día 2 de abril, está dirixido a alumnas/os de último ano de carreira o recén graduadas/os de España, Reino Unido, Estados Unidos, México e Brasil que estén interesadas/os en continuar a súa formación académica en diferentes áreas de coñecemento, como enxeñeiría, redes intelixentes, renovables, sostibilidade, enerxía e medio ambiente, tecnoloxías da información, big data, ciberseguridade, etc.

As persoas candidatas que sexan seleccionadas terán a oportunidade de cursar a bolsa nunha das mellores universidades, tendo acceso a unha ampla oferta formativa.

O grupo Iberdrola oferta 70 bolsas a nivel internacional distribuidas por países da seguinte maneira:

España: 25 bolsas para cursar estudos en España, Reino Unido e Estados Unidos.
Reino Unido: 16 bolsas para estudar en Reino Unido.
Estados Unidos: 10 bolsas para estudar en Estados Unidos.
México(*): 10 bolsas para estudar en México e España.
Brasil: 9 bolsas para estudar en España e Reino Unido.

ENLACE AO PROGRAMA DE BOLSAS INTERNACIONAIS IBERDROLA