Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar", concordas con estas condicións. Máis información

Loading...

Emprego A Estrada

Martes, 06 Febreiro 2018 07:29

COVOCATORIA 20 DE BOLSAS DE FORMACIÓN EN MATERIA DE ARQUIVOS

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 21 de decembro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras de bolsas de formación en materia de arquivos e se convocan as correspondentes ao programa 2018.

As bolsas irán destinadas a actividades de formación relacionadas cos procesos técnicos que se realizan no ámbito dos arquivos e os seus fondos documentais. Os bolseiros realizarán a súa actividade nos arquivos aos cales sexan destinados e nos servizos centrais da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, e serán tutelados, coordinados e dirixidos polos seus servizos técnicos de arquivos.

Poderán ser beneficiarios/as destas bolsas os/as solicitantes que cumpran os seguintes requisitos:
1. Ter licenciatura universitaria ou equivalente, segundo o Espazo Europeo de Educación Superior, cunha configuración curricular (expediente académico) na cal predomine a formación en historia e/ou arquivística.

2. Ter acreditado dominio da lingua galega co nivel de iniciación mediante título oficial.

3. Non se ter beneficiado anteriormente destas mesmas bolsas durante un período superior aos seis (6) meses, nin ter renunciado a elas sen unha causa de forza maior, ao xuízo da Secretaría Xeral de Cultura, logo de iniciado o período de vixencia.

4. Non ter emprego remunerado nin gozar doutra bolsa ou axuda durante o período de duración das reguladas por medio desta orde.

5. Non ter sido sancionado por infracción cometida por razón de bolsas concedidas para a organización e descrición de arquivos de interese galego.

As bolsas terán unha duración máxima de seis meses (6), contados a partir da data de incorporación que estableza a Secretaría Xeral de Cultura de acordo co centro de destino.

O prazo de presentación das solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación do extracto desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Orde: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2018/20180206/AnuncioG0164-160118-0004_gl.pdf